UN RATO DÍXOLLE Á LÚA

UN RATO DÍXOLLE Á LÚA. ANTOLOXÍA DA POESÍA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
Materia BIC
Edad de interés: a partir de 8 años
ISBN:
978-84-9914-505-1
Páginas:
152
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponib 24/48H

18,80 €
Añadir a cesta
Disponib 24/48H

Un rato díxolle á lúa é a caixa dos tesouros da poesía de Antonio García Teijeiro. Dentro dela gárdase a esencia dos seus versos, a apócema máxica coa que, en palabras de Fran Alonso, «a lúa imprimiu neles un sabor antigo, un sabor de berce, un sabor sincero que se nos mete dentro». García Teijeiro atesoura no seu haber 25 anos escribindo poesía infantil. Desde a publicación de Nenos (1988), os seus versos enredan nos beizos dos lectores e lectoras, «divertidos, lúdicos, pero tamén facéndonos sentir, e pensar, turrando de nós cos seus ventos de ideas e emocións brincadeiras». Un rato díxolle á lúa espreme, antologados por Fran Alonso, eses 25 anos de poesía infantil.
«Simpáticos, fermosos, divertidos, sensibles, punzantes, libres, salgados, máxicos, outonizos, perennes», estes poemas transmiten emoción, beleza e solidariedade. Ilustrada por Xosé Cobas e musicada por Paco Ibáñez (nun CD que se acompaña), a poesía de Antonio García Teijeiro agroma cunha enorme forza natural, chea de vida, de luz e de musicalidade.

GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
(Vigo, 1952). Mestre e escritor especializado en literatura infantil e xuvenil. É autor de obras didácticas, poesía e narrativa, entre as que destacan Na fogueira dos versos (Premio Merlín 1996), A chave dos soños, Unha chea de aloumiños e Palabras envoltas en cancións. En 1998 recibiu o Premio Europeo Pier Paolo Vergerio.





Recibiu en 2007 o Premio Luna del Aire de Poesía Infantil pola obra Estela de versos, escrita conxuntamente con Rafael Cruz Contarini.



Otros libros del autor

  • POEMAR EL MAR
    Titulo del libro
    POEMAR EL MAR
    LÓPEZ DOMÍNGUEZ, XAN / GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO / FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, MARÍA JESÚS
    El protagonista de estos versos es el mar. Un mar que ronca, que moja con poemas, que tiene trenzas, que camina seco...
    Disponib 24/48H

    9,50 €

  • AL HILO DE LA PALABRA
    Titulo del libro
    AL HILO DE LA PALABRA
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    Disponible en 24/48H

    9,00 €

  • CACARABIN CACARABON
    Titulo del libro
    CACARABIN CACARABON
    PUEBLA, TEO / GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO / PUEBLA MORÓN, TEO / COBAS BRENLLA, XULIO
    Cacarabín, Cacarabón é un libro de poemas baseados principalmente no folclore infantil. O neno comprende así o marab...
    Disponib 24/48H

    9,30 €

  • VERSOS DE AGUA
    Titulo del libro
    VERSOS DE AGUA
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO / PUEBLA MORÓN, TEO
    Sin stock. Entrega estimada en 10 días.

    8,95 €

  • CHOVE NOS VERSOS
    Titulo del libro
    CHOVE NOS VERSOS
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO / ENRÍQUEZ, LÁZARO
    "Chove nos versos" é un novo poemario de Antonio García Teijeiro dirixido ao público infantil e xuvenil. Artellado t...
    Disponib 24/48H

    15,00 €