SONETOS DE SHAKESPEARE

SONETOS DE SHAKESPEARE

GUTIéRREZ IZQUIERDO, RAMóN

40,50 €
IVA incluido
Sin stock. Disponible en 2/3 días
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2011
Materia
Poesía
ISBN:
978-84-9914-248-7
Páginas:
784
Encuadernación:
Otros
40,50 €
IVA incluido
Sin stock. Disponible en 2/3 días
Añadir a favoritos

Os Sonetos de Shakespeare son un dos cumios da poesía lírica de todos os tempos. As circunstancias que rodearon a súa publicación e a ambigüidade no relativo á identidade e ao sexo dos destinatarios teñen servido de escusa a múltiples conxecturas que, se ben non contribúen á comprensión dos sonetos, proban non obstante o continuo interese que desperta esta obra. Catrocentos anos despois de ver a luz, a modernidade destes textos segue resultando sorprendente, e o enfoque singular do bardo de Stratford fai que fique neles para sempre un halo de misterio.

Nos sonetos asistimos a unha sorte de representación dramática onde unha voz meditativa vai debullando, en loita contra o tempo, os vaivéns do afecto e da paixón, da amizade e do amor, do anhelo e do desengano. Nesa percepción múltiple do teatro dos sentimentos danse cita os motivos máis diversos, desde a visión da natureza até a denuncia social ou a procura dunha trascendencia alén da morte.

Ramón Gutiérrez Izquierdo presenta esta versión exemplar dos Shakespeare¿s Sonnets acompañada de comentarios e notas sobre todos e cada un destes poemas, máscaras diversas do home das mil caras que foi William Shakespeare.

Ramón Gutiérrez Izquierdo, membro do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, é profesor titular no Campus de Ourense, onde imparte as materias de lingua e literatura galega. Cursou estudos de Filosofía e Ciencias da Educación, de Psicoloxía e Pedagoxía, e formou parte da Sección de Literatura do Consello da Cultura Galega. Ademais de varios libros e artigos sobre literatura galega e da tradución da obra de Douglas Gifford, Warriors, Gods & Spirits of the Central and South American Mythology, publicou Lecturas de nós. Introducción á literatura galega (Xerais, 2000), obra que ao longo de máis de quiñentas páxinas enfía o discorrer histórico da literatura galega, desde os trobadores ata finais do século XX, a partir de 27 textos significativos -quince poemas e doce relatos-, que comenta e interpreta en conexión con variados motivos das letras universais. Tamén é o responsable da edición dos relatos de Antonio Sánchez Lorenzo -un xogo de imposturas e suplantacións- aparecidos co título de Cincuenta asasinatos breves e un prólogo (Xerais, 2001). Desde hai dez anos dirixe o curso de «Interpretación e Creación literaria» da Universidade de Vigo. En 2009, o volume Shakespeare´s Sonnets Global (Edited by Manfred Pfister and Jürgen Gutsch), que reúne traducións escollidas dos sonetos do bardo inglés a máis de sesenta e cinco linguas, incluíu a versión de Ramón Gutiérrez Izquierdo do soneto 128, aparecido na revista Viceversa como parte dun ensaio sobre a tradución da poesía lírica en xeral e as versións ao español e ao portugués dos poemas de William Shakespeare. En 2011 publicou a edición bilingüe dos Shakespeare´s Sonnets, que inclúe comentarios pormenorizados de todos e cada un dos Sonetos do bardo de Stratford.

Artículos relacionados

  • UTILIDAD DE LAS ESTRELLAS
    NEGRONI, MARÍA
    en qué medida lo que aparenta ser un punto ciego en medio de la casa humana del lenguaje viene y se repite como sombra para decir soy yo la polvo el nada la mismísima de siempre descenso interminable subida interminable repetición magnífica del cosmos tal el barco en la noche y la estela abriéndose camino "Utilidad de las estrellas" "En este libro se presenta la alianza de una ...
    En stock

    15,00 €

  • LOS AÑOS FRENTE AL PUENTE
    BARBA, ANDRÉS
    El puente Roque González comunica las ciudades de Posadas, en Argentina, y Encarnación, en Paraguay. Forma parte del paisaje de quienes participaron en su construcción, de quienes lo contemplaron a ras de ciudad, y de quienes día a día -tiempo después- cruzan el río Paraná o se asoman por primera vez a él. Acaso Los años frente al puente sea entonces un libro de memoria: de la ...
    En stock

    11,90 €

  • JULIÁN Y MÁDDALO
    SHELLEY, PERCY BYSSHE
    ¡Qué hermosa es la caída de la tarde, la luz del cielo en tierras como estas, oh, Italia, paraíso de exiliados! ¡Tus cordilleras, mares y viñedos, las torres que rodean tus ciudades! Qué dicha disfrutar de aquella vista bajo tu cielo. En el lugar preciso donde descabalgamos, los criados de Máddalo esperaban con la góndola. Igual que un peregrino se detiene para poder gozar de u...
    En stock

    19,00 €

  • SECUOYA
    ESPINOSA GUERRA, JULIO
    Cada casa que se levanta lleva en su interior una demolición No existe nuevo árbol donde no habite el germen de lo efímero Llámese rascacielos o mediagua Llámese hormigón armado o palito Llámese secuoya Casas en ruinas, hogares sin fuego, habitaciones con techos agujereados, suelos donde las canicas ruedan solas, muebles sin cajones, cabañas que son mansiones y mansiones frías,...
    En stock

    15,00 €

  • MELODÍAS HEBREAS
    LORD BYRON
    Sol de los insomnes, melancólica estrella cuyo rayo de lágrimas brilla trémulamente en la distancia mostrando la oscuridad que no puedes disipar, eres de igual manera un recuerdo en la alegría. Así el pasado brilla, luz de otros días que ilumina, pero no calienta, con sus débiles rayos. La tristeza vela para contemplar un rayo nocturno, distinto pero distante, claro, pero ah, t...
    En stock

    25,00 €

  • POESÍA REUNIDA
    BOLAÑO, ROBERTO
    Toda la poesía publicada por Roberto Bolaño por primera vez en un solo volumen y en edición revisada. «Escribiendo poesía en el país de los imbéciles. / Escribiendo con mi hijo en las rodillas. / Escribiendo hasta que cae la noche / con un estruendo de los mil demonios. / Los demonios que han de llevarme al infierno, / pero escribiendo.» Roberto Bolaño se sintió siempre, en ese...
    En stock

    16,95 €