Proleterka
Jaeggy, Fleur
Un grupo de turistas están a piques de embarcar no Proleterka, un buque iugoeslavo atracado en Venecia que iniciará en breve a singradura cara a Grecia. Os últimos en cruzar a pasarela son unha adolescente de quince anos e o seu pai. Entre ambos os dous hai un distanciamento total, e ao mesmo tempo un vínculo que se remonta a un escuro tempo remoto. Durante a viaxe, a filla des...
Sinopsis
Un grupo de turistas están a piques de embarcar
no Proleterka, un buque iugoeslavo atracado en Venecia
que iniciará en breve a singradura cara a Grecia.
Os últimos en cruzar a pasarela son unha adolescente
de quince anos e o seu pai. Entre ambos os dous
hai un distanciamento total, e ao mesmo tempo
un vínculo que se remonta a un escuro tempo remoto.
Durante a viaxe, a filla desexa saber algo máis sobre
Johannes, este home ao que apenas coñece, pero, sobre
todo, gustaríalle descubrir esoutra cousa ignota: a vida
como experiencia, ata agora só imaxinada dende dentro
dos muros do internado.
Delicada e precisa, "Proleterka" é unha novela breve sobre
a incerteza, o resentimento, a dor familiar e a
desconfianza, escrita cun estilo contido e sucinto,
pero tamén intenso e conmovedor. Foi galardoada
cos premios Donna Città di Roma e o Vailate Alberico Sala
en 2001, así coma os Viareggio e o Vittorini en 2002.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroArtículos relacionados
Otros libros del autor
