FARIÑA, ANXO
A vida de Ninfa, Lúa, Ruxe e Faísca mudou por completo desde o accidente que os converteu en mutantes.
O que prometera ser unha divertida viaxe de estudos a esquiar, vaise converter nun pesadelo xeado no corazón dos Pireneos.
Para complicar máis a súa situación, no medio dunha competición de snowboard descubrirán que teñen máis en común cos xemelgos, Exeria e Ezbel, do que lles gustaría.
Veranse obrigados a viaxar ao pasado, á cidade de París no medio da Revolución industrial, onde coñecerán o poder dos Templarios da Luz. E alí terán que facer fronte á terrible decisión: escoller entre a vida dun ser querido ou a dunha cidade enteira...
Ti que escollerías?
Anxo Fariña (Vigo, 1977). Licenciado en Belas Artes. Escritor, ilustrador e Director de Arte. Coñecido autor que compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, que comprenden un amplo espectro debido á súa variada obra. Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias para docentes, ou en campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia como «Graffiti e letras», «Creando historias con Anxo Fariña» e «Ti creas a historia». Ademais de ler gústalle: escalar, o deseño, os robots, facer snowboard, os reloxos, a arquitectura, correr... e debuxar con música de Frank Sinatra! En Xerais ten publicados os libros "A chave da Atlántida" (2011) Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 e Premio Frei Martín Sarmiento (5º e 6ª Primaria), 2013, a Serie "Os Megatoxos", "Horizonte de sucesos" (2016), " 4 xinetes " (2017) e a serie " Gliz " (2017) para primeiros lectores. Anxo Fariña mantén o seu blog: http://megatoxos.blogspot.com/