MACFARLANE, AIDAN / JOHN ASTROP (Ilustración)
Aidan Macfarlane dirixiu o servizo de Saúde Infantil e Xuvenil para as Autoridades Sanitarias do condado de Oxford. Na actualidade é asesor por conta propia en saúde infantil e xuvenil. Ann Mcpherson é doutora de medicina xeral con moita experiencia nos xoves e os seus problemas, é tamén lectora do Departamento de Saúde e atención Primaria na Universidade de Oxford. As súas obras contán con millóns de lectores en todo o mundo, sendo traducidas a máis de vinte linguas. En galego teñen publicado: " Diario dun xove maniático " (Xerais 1991) " Eu tamén son maniática " (Xerais 1993), " Eu e os meus colegas " (Xerais 1995), " Novo diario dun xove maniático " (Xerais 2000), " O diario da outra maniática " (Xerais 2000) e " Guía para xoves maniáticos " (Xerais 2004). Outros libros seus en inglés son: " Mun I feel funny " , premio do suplemento de Educación do xornal " Times " ; " The virgin now boarding " e " Fresher Pressure " . Publicaron tamén un libro para pais sobre a adolescencia titulado " Teenagers:The agony, the ectasy, the answers " (2000). Aidan Macfarlane e Ann Mcpherson teñen unha páxina web con moito éxito na que está baseada a " Guía para xoves maniáticos " , (www.teenagehealthfreak.org) que recibe máis de 150.000 visitas á semana e que gañou o premio BUPA de comunicación.