MODESTA PROPOSICIÓN E OUTROS ENSAIOS

MODESTA PROPOSICIÓN E OUTROS ENSAIOS

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
Materia BIC
Ensayos literarios
ISBN:
978-84-9914-246-3
Páginas:
88
Encuadernación:
Bolsillo
Disponibilidad:
Sin stock. No disponible

9,95 €
Sin stock. No disponible
Avisar disponibilidad

A modesta proposición para renuncir a facer xirar a roda hidraúlica dunha cíclica historia universal da infamia, así como os artigos e entrevistas incluídos nesta edición, son un testamento claro do pensamento e das posturas literarias e vitais de Lois, e rachan os dous principais tópicos sobre el. Un, o que o cualifica unicamente como poeta. O outro, o do seu malditismo. E reafirman o compromiso radical de Lois Pereiro coa literatura e co mundo no que vivia. Canto peores sexan os tempos que vivamos, máis falsa será a inxenuidade, menos inocente a indiferenza, e máis cómplice non comprometerse, reclamaba na Modesta proposición. Este ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas, Lois Pereiro faría 53 anos e sería un dos poetas de referencia. De feito éo, a pesar de que, ata este ano, unicamente tiña publicados dous poemariose e un terceiro póstumo, esgotados ou difíciles de atopar. Cento e pico poemas chegáronlle para ser a un tempo unha das voces máis innovadoras da lírica galega de finais do século XX e, como aventurou Manuel Rivas xa en 1993, o clásico que ten a literatura galega sen sabelo.

PEREIRO, LOIS
Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958-A Coruña,


1996) comezou a escribir aos 16 anos. Despois deses poemas iniciais, publicados a finais da década de 1970 na revista Loia, o poeta elaborou unha obra que foi reunida en dous libros: Poemas 1981-1991 e Poesía última de amor e enfermidade (1995). Tamén é autor da novela curta Náufragos do paradiso (1997) e, postumamente, publicáronse outros dous libros seus: Poemas para unha loia (1997) e a prosa autobiográfica de Conversa ultramarina (2010).





A Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras do 2011 e, en certo modo, a súa decisión era sorprendente: aínda que Pereiro fose un dos poetas máis lidos da súa xeración, a súa obra permanecía ligada ao círculo dos heterodoxos e o seu recoñecemento dentro do canon literario resultaba máis ben simbólico. A elección, porén, serviu para sacar á luz unha poesía escintilante, forxada sobre unha consciente experiencia de aproximarse ao abismo da dor e do amor absoluto.


Saber máis »



Otros libros del autor

  • OBRAS COMPLETAS [ED. BILINGÜE]
    Titulo del libro
    OBRAS COMPLETAS [ED. BILINGÜE]
    PEREIRO, LOIS / SALGADO, DANIEL
    POETA HOMENAJEADO DEL DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011 ::: Reunimos por primera vez de forma íntegra la obra completa de ...
    SIN STOCK

    28,00 €