MACEIRAS, ANDREA / GARCÍA, SONIA (Ilustración)
Premio Merlín de Literatura Infantil 2020. En el corazón de la Amazonía, la vida de la tribu de Husu Aké transcurre tranquila, en sintonía con el ciclo de la naturaleza y el espíritu de Bekororoti. Hasta que un día la sabia abuela Arumi presiente que el desastre se cierne sobre su gente y decide revelar a su nieta el secreto que ha estado guardando durante años. Husu Aké se embarca así en un viaje heroico en busca de una hoja azul, el único remedio capaz de salvar a los suyos. Durante su aventura tendrá que romper leyes y mandatos ancestrales y descubrir que hay un lugar más allá del «mundo verde» donde se ha perdido el amor por la Madre Tierra.
Un grito contra la destrucción de los recursos naturales y un canto a favor de la cooperación y el respeto a otras formas de vida.
Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Galega e Hispánica. No eido do relato curto obtivo en varias ocasións o primeiro premio do Certame Literario do Concello de Cambre nas modalidades de narrativa e poesía, así como o segundo premio do X Certame Literario de Relatos Curtos Os Viadutos do Concello de Redondela polo seu relato «Cando foi a última vez que pasou fame de verdade?». A súa primeira novela xuvenil, «Proxecto Bolboreta», foi publicada na colección Fóra de Xogo en Xerais no ano 2007 como obra gañadora do I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior. En 2010 queda finalista do VI Premio de Novela Biblos-Pazos de Galicia. Nese mesmo ano gaña o 4º Premio Meiga Moira coa súa obra «Violeta Tamurana» (2010), que tamén queda finalista do Premio da Edición 2010 e do Premio Frei Martín Sarmiento 2011. Con «Nubes de evolución» (Xerais 2013) quedou finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011 e gañadora do Premio Fervenzas Literarias, 2014. Con «Volverás, golfiño» (Xerais 2014) quedou finalista do Premio Merlín, 2013. En 2015 gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con «Europa Express» (Xerais 2015). En 2017 foi finalista do Premio Raíña Lupa con «O que sei do silencio» (Xerais 2018). Coa novela «Conta nove estrelas» (Xerais 2019) gañou o Premio Lazarillo 2018.