Suso de Toro recolle en Inmateriais trinta narracións de vidas de galegos e galegas, de persoas que foron elixidas polo autor, tal e como explica no limiar, por seren «figuras que me interesaron ou nas que vin representadas as capacidades das persoas nacidas neste país, os dilemas que se lles presentaron ante as circunstancias que viviu a Galiza no momento histórico que lles tocou vivir e tamén as posibilidades que se ofrecían en cada momento».
Os textos de Inmateriais, armados coa recoñecida calidade literaria de Suso de Toro, achegan datos que permiten entrever as motivacións, os dilemas, os éxitos e fracasos das vidas destes homes e mulleres que influíron decisivamente no noso devir colectivo e encetan un particular debate sobre o que foi, o que puido ser e mais o que pode ser o noso país.
Diego Xelmírez, Concepción Arenal, Antolín Faraldo, Rosalía de Castro, Pablo Iglesias, Emilia Pardo Bazán, Curros Enríquez, Castelao, Maruja Mallo, Carlos Velo, Gonzalo Torrente Ballester ou José Suárez, entre outras figuras, conforman este pequeno tesouro biográfico que o autor define como un «acto de rebelión contra a historia que nos contaron, contra o que nos dixeron que eramos e tamén o que podiamos ser».
Suso de Toro nació en Santiago de Compostela en 1956. Licenciado en Arte Moderno y Contemporáneo, ha publicado en gallego más de veinte libros de narrativa, teatro y ensayo.
Su obra, traducida a varias lenguas, ha sido objeto de estudio en diversas universidades
europeas. Es guionista de televisión y colaborador habitual de prensa y radio.
Entre sus títulos destacan la obra de teatro Unha rosa é unha rosa (1997), y los libros de narrativa Caixón desastre (1983), Polaroid (1986), galardonado con el Premio de la Crítica de Galicia, Land Rover (1988), Ambulancia (1990), Tic-tac (1993), Premio de la Crítica española, La sombra cazadora (1994), Cuenta saldada (1996), Calzados Lola (1997), Premio Blanco Amor de novela, Círculo (1998) y No vuelvas (2000), Premio de la Crítica española.
Es autor también de libros de periodismo y ensayo como Parado na tormenta (1996), Eterno retorno (1996), El pueblo de la niebla (2000) y A carreira do salmón (2001).
Sus novelas La sombra cazadora, No vuelvas, Cuenta saldada y Calzados Lola serán adaptadas al cine próximamente.
Visite su página web en www.susodetoro.com