QUEIXAS ZAS, MERCEDES
Un poema é un ser vivo que anda.
Parafraseando o noso poeta nacional, Manuel María, prolongamos a afirmación de a literatura galega tamén ser un ser vivo en constante evolución, que soubo andar sen deter a respiración ante os bos e os malos ventos de cada época; dar forma á utopía; focalizar no seu berro luces e sombras e procurar camiños liberados, sen renunciar ao paso firme, en todos os medios de transporte posíbeis en cada contemporaneidade.
Porque, da man dos escritores e escritoras, a literatura, como o poema, como o pobo que a nutriu, nunca estivo disposta a claudicar e aceptar a derrota ordenada por quen se interpuxo no camiño nin asumir a pervivencia eterna das tebras. Porque a literatura, como o poema, nunca morre.
Mercedes Queixas Zas (A Coruña, 1968) é profesora de Lingua e Literatura galega no ensino secundario. Ademais de breves ensaios de carácter divulgativo com Os trobadores do Reino de Galiza (1997), escribiu Martín Sarmiento. O inicio da recuperación da conciencia galega (2002) e Ramón Piñeiro. A expresión cultural dunha estratexia política (2009). Colaborou na Historia da literatura galega (1996) e é coatura da Historia xeral da literatura galega (2001).