Cantos de Maldoror e Poesías
Cantos de Maldoror e Poesías
Lautréamont - Comte De -
?Escribiu un libro que sería único se non existisen as prosas de Rimbaud; un libro diabólico e estraño, burlón e ouveante, cruel e penoso; un libro no que só se oen a un mesmo tempo os xemidos da dor e os sinistros axóuxeres da Loucura? (Rubén Darío). ?Todo o máis audaz que, durante séculos, se pense e se emprenda, encontrou aquí unha formulación anticipada na súa lei máxica. ...
Sinopsis
?Escribiu un libro que sería único se non existisen as prosas de Rimbaud; un libro diabólico e estraño, burlón e ouveante, cruel e penoso; un libro no que só se oen a un mesmo tempo os xemidos da dor e os sinistros axóuxeres da Loucura? (Rubén Darío).
?Todo o máis audaz que, durante séculos, se pense e se emprenda, encontrou aquí unha formulación anticipada na súa lei máxica. O verbo, xa non o estilo, sofre con Lautréamont unha crise fundamental, marca unha volta a empezar? (André Breton).
?A súa obra funciona como panca na situación que se deseña, pois, mellor que Hugo, demostra que mediante unha especie de maxia verbal ou de verbalismo encantatorio, a razón é capaz de mudanza e a lóxica da disolución? (Tristán Tzara).
?O sentido extraordinariamente positivo da contribución de Lautréamont consiste nunha avalancha de materiais brutos, aínda asolagados de xemas subterráneas -materiais para construír o home completo? (Julien Gracq).
?Esta imaxinación só parece pasar polos libros para reunir as grandes constelacións cuxas obras conservan a influencia, os feixes de imaxinación impersoal que ningún volume de autor pode inmobilizar e confiscar no seu proveito? (Maurice Blanchot).
?Poderíase en certo sentido, se se quixer insistir sobre a forza explosiva da obra, falar dunha operación de ?dinamitaxe? do relato polo discurso e reciprocamente? (Raymond Jean).
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroInformación de seguridad
- Cargando la información ...
Artículos relacionados