DARRIBA BLANCO,MANUEL / SANTISO VILLAR, ANA (Ilustración)
Brais só ten nove anos, pero fai cousas de maiores. É un tipo alto, por fóra e por dentro, que aspira a pasalo ben, e a quen todo chama a atención. Ven coñecer a súa vida e todas as cousas fascinantes que pasan no seu barrio, cheiño de veciños ben curiosos. Brais tenche ganas de contar. ¿E ti?, ¿tes ganas de escoitar?
Nacido en Sarria en 1973, é un dos representantes das novas tendencias narrativas da literatura galega. Autor das novelas Paf Xarope (1996), Outonos espectaculares (1998), Velada do billarista, que recibiu o premio Lueiro Rey de novela curta 2000, e Accidental (2003). Tamén escribiu o poemario Calor. Viaxou como xornalista a escenarios de Oriente Próximo, Cuba, o Sáhara e os Balcáns e, recentemente, obtivo o premio Julio Camba na súa modalidade de reportaxe.
Saber máis »