Aristocracia Imposíbel: o Discurso Político de Nietzsche
Aristocracia Imposíbel: o Discurso Político de Nietzsche
Sampedro, Francisco
Que a obra dun filósofo resista o paso de cen anos non ten nada de estraño. A de Platón séguese a analizar, e van alá vintecinco séculos. O que sen embargo chama a atención é a pluralidade de interpretacións que se teñen tirado da obra de Friedrich Nietzche. Ningún pensador deu tanto que falar xustamente en nome dunha ambigüidade extrema. Persoas situadas nas antípodas no tocan...
Sinopsis
Que a obra dun filósofo resista o paso de cen anos non ten nada de estraño. A de Platón séguese a analizar, e van alá vintecinco séculos. O que sen embargo chama a atención é a pluralidade de interpretacións que se teñen tirado da obra de Friedrich Nietzche. Ningún pensador deu tanto que falar xustamente en nome dunha ambigüidade extrema. Persoas situadas nas antípodas no tocante á súa concepción do mundo teñen sido literalmente fascinadas por ese pensamento convulso, compulsivo e ambicioso como poucos.
¿Que sentido ten hoxe un libro sobre un autor do que case todo está dito? E ¿por que sobre a súa "política" precisamente? A nosa "escusa", o noso pretexto principal, non vai ser que a obra de Nietzsche, supostamente ben coñecida e mellor estudiada, abra un abano de posibilidades ilimitadas, entre as cales situar a nosa tentativa de interpretación. Antes ao contrario. A Nietzsche pásalle o que a outros filósofos: son célebres, sen a penas seren coñecidos. Del fálase moito, dá lugar a multitude de citas ó chou, mais xustamente por se tratar dun autor en aparencia directo, seductor en extremo e dotado dunha vea poética indiscutíbel, leuse demasiado á lixeira, producindo polarizacións arreo. O motivo do presente libro é o de tentar amosar unha certa coherencia no discurso nietzscheano verbo da política, distanciándose simetricamente das versións nazis e libertarias que del se teñen deducido. Xa que logo, aquí atoparemos certas claves para podermos entender a torsión subxacente ao discurso nietzscheano sobre a política, sen pretendermos "unificar" o pensamento daquel que precisamente presumía de ser o filósofo antidialéctico por excelencia.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroInformación de seguridad
- Cargando la información ...
Artículos relacionados
Otros libros del autor
