Pontevedra nos anos trinta a cincuenta. Vello barrio da Moureira. Velaquí un libro escrito entre a memoria e a ficción, entre a crónica e a reinvención literaria.Sabino Torres, o editor da mítica colección Benito Soto, recrea un tempo de mocidade que corresponde a toda unha xeración. Calquera parecido coa realidade non é simple coincidencia. A vella Moureira, antigo arrabalde das putas, territorio de iniciación para certa sociedade pontevedresa, sérvelle para transportarnos a outra época, non tan distante como parece. As pupilas e as patroas enfriaban a champaña nas pías da salga...
Sabino Torres Ferrer (Pontevedra, 1924) comezou a súa actividade periodística en Pontevedra en 1943 na Revista Finisterre xunto con Emilio Canda e Celso Emilio Ferreiro. En 1949 coa colaboración de Manuel Cuña Novás e Emilio Alvarez Negreira editou a colección poética Benito Soto cuxo primer director foi Celso Emilio Ferreiro. En 1952 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega. En 1953 creou o semanario Litoral, do que foi ademais de editor, redactor-xefe e subdirector. En 1992 con Emilio Álvarez Negreira fundou a colección poética Hipocampo Amigo que continúa a editar poesía.
Ten publicado os libros Cuaderno de Carmen (1949), Ondas do mar comigo (1997), Trovas de Nadal (1999), Xograría nova (2000) e Intres de soidade (2001).