ROIG RECHOU, BLANCA ANA
Hércules descobre a Gloria Fuertes cando ela recita poemas coa súa voz rouca nun programa de televisión. Emocionado por coñecer á poeta dos nenos, invítaa a pasear polos recordos da súa infancia e mocidade, cando, moi moderna, ía en bicicleta vestida con saia-pantalón e gravata. Gloria adora inventar e "desinventar" historias, facer disparatados xogos de palabras, crear personaxes estrafalarios e sentirse querida. ¡E mesmo se atreve a confesar as súas máis divertidas travesuras!
Blanca-Ana Roig Rechou é profesora de Literatura Galega e Literatura Infantil e Xuvenil nas Facultades de Filoloxía e Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, onde coordina o Grupo de Investigación LITER21 «Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas» (GI-1839). Investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, directora neste centro dos proxectos «Informes de literatura» e «Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil», e colaboradora dos proxectos «Dicionarios de Literatura». Investigadora principal da Red Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI). Presidenta da Asociación Nacional de Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ). Membro da Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil ELOS, da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ) e de ELOS-Galicia. Autora de monografías e diferentes traballos sobre Literatura galega e Literatura Infantil e Xuvenil. webspersoais.usc.es/persoais/blanca.roig/