Juan e Sara están algo afastados ultimamente e deciden separarse por un tempo. Juan quere sentir que na vida hai algo que existe fóra del, algo que o mova obrigándolle a participar do mundo, a tomar decisións propias e a non deixarse levar. Vai vivir temporalmente á aldea de Voces, onde coñece a José e a Sara, dúas persoas cos seus propios dramas persoais. O silencio de Sara, a calada complicidade entre eles e a forza da paisaxe axudaranlle nese espertar á vida. Sara, pola súa banda, fará o seu propio proceso de revisión e cambio para acabar atopándose os catro no centro do mundo.
Cunha voz propia que atrapa o lector e un narrador que nos fala dende a conciencia dos personaxes, vaise tecendo esta historia que indaga nas relacións humanas e no amor nestes tempos difíciles...
Silvia Bardelás es doctora en Filosofía por su tesis "Una teoría de la novela", premio extraordinario en 2016. Ha publicado dos novelas en gallego en la editorial Barbantesa. Es profesora de Creación Literaria en UNED y directora del blog "El lector perdido". Ha sido traductora del inglés y portugués y colaboradora en algunos medios de comunicación. Actualmente escribe su tercera novela, sigue investigando en Teoría de la Literatura y es directora de Publicaciones en De Conatus.