Unha falsa luz, a novela que remata este extenso ciclo narrativo que abrangue desde o reinado de Alfonso XIII aos estertores da ditadura franquista, céntrase na represión relixiosa e social sufrida polos protestantes durante os anos da falsa e enganosa apertura. Un mundo escuro e abafante que provoca o exilio de boa parte dos evanxélicos galegos á Arxentina logo dunha persecución sen tregua.
(Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enxeñeiro de telecomunicacións amais de colaborar na prensa, actualmente cunha columna en La Voz de Galicia. Instalado en Galicia desde a nenez, iniciou a súa obra literaria con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), obra á que ían seguir títulos coma A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996, reeditada en Galaxia no 2010) e Alén da desventura, novela coa que obtería o Premio Blanco Amor no ano 1998. O seu último proxecto narrativo foi a publicación da triloxía \"Evanxélica memoria\", na que se relata a epopea das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007).
Saber máis »