GRAÑA, BERNARDINO / MILLÁN OTERO, XOSÉ MARÍA, ED. LIT.
Nacido en Cangas, en 1932, Bernardino Graña aparece vinculado na súa carreira literaria ao colectivo e máis á editorial Brais Pinto, de singular relevo no proceso de renovación literaria, plástica e mesmo ideolóxica que se leva a cabo no noso país a partir de mediados dos anos cincuenta. Membro, pois, desa Xeración, pois, desa Xeración do 57, Bernardino Graña inicia a súa andaina coa publicación, en 1959, de Poema do home que quixo vivir, título ao que seguirán outros moitos que confirman ao noso poeta como unha figura especialmente destacada dentro do panorama da literatura galega contemporánea.
Escritos entre 1959 e 1963, os poemas incluídos en Profecía do mar constitúen, sen dúbida, un dos momentos esenciais do devir poético de Graña, destacando na perfecta adecuación que se produce entre o fondo temático e máis a súa expresión lingüistico-literaria. Poesía de concepción totalitaria, as escollas léxicas, as imaxes e efectos rítmicos do texto que hoxe presentamos conflúen nun áxil dinamismo expresivo que sempre ha de emocionar ao lector máis esixente.
(Cangas do Morrazo, 1932) traballou catedrático de lingua e literatura no ensino medio. Aos dezaoito anos xa formaba parte, a carón de Celso Emilio Ferreiro, do consello de redacción da revista de poesía Alba. Fo premiado varias veces nas xa míticas Festas Minervais de Compostea e, no ano 1958, participou en Madrid na fundación do Grupo Brais Pinto, co que publica Poema do home que quixo vivir, o seu primeiro libro.
Impulsor e primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, a súa obra abrangue diferentes xéneros: poesía, teatro, narrativa e literatura infantil. Entre os seus títulos máis destacados está o poemario Profecía do mar (1966), libro fundamental na poesía galega do século XX, Non vexo Vigo nin vexo Cangas (1975), Himno verde (1992) e Sen sombra e sen amor (2004). Recentemente obtivo o Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa pola súa primeira novela, Protoevanxeo do neto de Herodes.