O VALEGO. AS FALAS DE ORIXE GALEGA DO VAL DO ELLAS (CÁCERES-ESTREMADURA)

O VALEGO. AS FALAS DE ORIXE GALEGA DO VAL DO ELLAS (CÁCERES-ESTREMADURA)

AS FALAS DE ORIXE GALEGA DO VAL DO ELLAS (CÁCERES-ESTREMADURA)

COSTAS GONZÁLEZ, XOSÉ HENRIQUE

21,95 €
IVA incluido
🚚 Llegada en 2/3 días
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2013
ISBN:
978-84-9914-557-0
Páginas:
280
Encuadernación:
Rústica
21,95 €
IVA incluido
🚚 Llegada en 2/3 días
Añadir a favoritos

«Paixón e ciencia percorren todo este libro co obxectivo de que sexa unha obra útil para dar longa vida ás falas do Val do Ellas.
A presente monografía é o resultado de vinte anos de continuas visitas de Xosé-Henrique Costas á zona para recoller material, que foi dando a coñecer nun bo quiñón de relatorios e de artigos, agora revisados, actualizados e agrupados nos diversos capítulos deste libro, co que demostra que nada do que se refire ó Val do Ellas lle é alleo. Debulla con paixón e claridade expositiva, entre outros aspectos, a onomástica e a historia do galego na zona (con atención especial á toponimia), dá hipóteses sobre o mantemento da fala e a súa polémica adscrición lingüística e fai unha completa caracterización fonética, morfosintáctica e léxica, para rematar cunha análise da situación sociolingüística e da urxente necesidade de codificación destas falas, para o que propón unha solución ??á galega''.
Non separa o estudo lingüístico dos temas sociais e legais, non escapa dos aspectos políticos, polo que o libro se abre cun longo capítulo sobre o contexto lexislativo e político de todas as linguas minorizadas de España, e estuda a lexislación lingüística ignorada, particularmente a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias e a súa importancia para a normalización do galego de Galicia, mais tamén para o galego estremeiro e do Val do Ellas.»

Xosé-Henrique Costas González (Mantelas-Freixeiro-Vigo, 1962). Licenciado en Filoloxía Hispánica (Galego-Portugués) e doutor en Filoloxía Galega pola USC, é profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, tras o seu paso como docente de Lingua Galega polos campus da Coruña, Pontevedra e Ourense. Foi tamén profesor e conferenciante invitado en diversos cursos e mestrados de universidades de Italia, Alemaña, Irlanda e Brasil. Na Universidade de Vigo desempeñou os cargos de director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina; director da Área de Normalización Lingüística (responsable das campañas de normalización Chámate con xeito, Busco amante galego falante e Europa é plurilingüe: quen sabe galego sabe máis) e, nos últimos anos, vicerreitor de Extensión Universitaria. Como investigador está especializado fundamentalmente nos eidos da dialectoloxía e da sociolingüística. En dialectoloxía vén traballando nas falas do galego exterior (Eo-Navia, Bierzo e As Portelas), principalmente no chamado valego ou galego de Cáceres, sobre as que ten publicado unha trintena de artigos e edicións. En sociolingüística preocúpase da situación das linguas e variedades minorizadas e emerxentes, da súa autoría foi a exitosa Guía das linguas de Europa (2002) e súa foi a coordinación do manual de intervención social 55 mentiras sobre a lingua galega (2009). En literatura ten investigado e publicado varios libros e artigos sobre a produción poética, tradutora, ensaística e xornalística de Álvaro Cunqueiro.

Artículos relacionados

  • GABINETE DE LECTURA ESPAÑOLA
    MANUEL, MIGUEL DE / BOSARTE, ISIDORO / ESTALA, PEDRO
    El Gabinete de lectura española, o Colección de muchos papeles curiosos de escritores antiguos y modernos de la nación (1788-1793), fue una iniciativa nacida en el seno de los Reales Estudios de San Isidro, institución de enseñanza no universitaria ...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    24,00 €

  • MÁS ALLÁ DE LA PALABRA
    TOMÉ CORNEJO, CARMELA / HERNÁNDEZ MUÑOZ, NATIVIDAD
    Más allá de la palabra ofrece una mirada profunda y plural de la investigación léxica actual con orientación empírica. Desde una perspectiva de la lingüística centrada en el hablante, los once capítulos que integran este volumen colectivo comparten una concepción de la palabra como una unidad lingüística fundamental, no solo en su dimensión léxico-semántica, sino también en su ...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    22,00 €

  • QUÉ ES LA POESÍA
    RICO, MANUEL
    Con la colección Qué es, Sílex ediciones apuesta de nuevo decididamente por la divulgación rigurosa y exigente, pensada para todos los públicos (lectores), acercándoles la más alta calidad literaria del género ensayístico con la intención de ocupar un lugar notorio y reconocible en el panorama cultural escrito en español. Entre la afirmación de Juan Ramón Jiménez sobre el desti...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    10,00 €

  • CRÓNICA DE LA LENGUA ESPAÑOLA 2025
    REAL ACADEMIA ESPAÑOLA, ASOCIACIÓN DE ACADEMIAS DE
    Crónica de la lengua española es un libro inclinado, sobre todo, a la transparencia y la información, que la Real Academia Española publica al final de cada año.Su objetivo principal es dar a conocer los trabajos desarrollados por las Academias de la Lengua, así como describir o explicar los problemas más relevantes que afectan a la unidad del español en el universo hispanohabl...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    34,90 €

  • UNA AUSENCIA QUE INSISTE
    GARCÍA LÓPEZ, JORGE
    Osvaldo Lamborghini (Buenos Aires, 1940–Barcelona, 1985), poeta, narrador y artista plástico, fue una de las figuras más singulares y radicales de la literatura argentina del siglo XX. Autor de culto desde su irrupción con El (1969), un texto que marcó a toda una generación por su violencia verbal y su ruptura, su obra, breve pero de enorme influencia, incluye títulos como Se...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    22,00 €

  • FILOLOGÍA E INNOVACIÓN
    DOMÍNGUEZ GARCÍA, LORENA / AGUETE CAJIAO, ALBA / FERNÁNDEZ FONFRÍA, LIDIA
    El presente monográfico reúne una muestra de las investigaciones llevadas a cabo por varios miembros del Departamento de Lengua Española de la Universidad de Salamanca que reflejan la pluralidad y multidisciplinariedad de las nueve áreas que aglutina, dando cabida a estudios relacionados con la lengua desde diferentes ámbitos y perspectivas que comprenden no solo los estudios p...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    32,00 €