GARCÍA, J. A.
Introducción O proxecto McGrawHill para a área de Física e Química ofrece unha serie de materiais adaptados ás esixencias curriculares e ás necesidades do ensino actual. Estes materiais incorporan todos aqueles elementos imprescindibles para que o profesorado atope neles un soporte sólido e completo que facilite a súa tarefa na aula. Esta liña editorial caracterízase pola continuidade e coherencia na secuenciación dos contidos, con textos claros e precisos, reforzados cunha ampla gama de exemplos, exercicios e actividades que favorecen a asimilación dos conceptos, ademais de toda unha liña de materiais complementarios e unhas útiles propostas didácticas. Descripción Física e Química 4.º ESO é un libro que presenta os contidos dunha maneira clara e amena. É un instrumento de traballo útil para os alumnos, que lles permite obter os conceptos básicos necesarios para a súa formación científica e que, ademais, contribúe ao seu desenvolvemento persoal no que se refire á súa capacidade de pensamento, curiosidade, creatividade, actitude crítica e interese polas ciencias experimentais. Os contidos expóñense de forma sinxela, de maneira que os alumnos pasen do fácil ao difícil, do concreto ao abstracto, mediante a observación de feitos cotiáns que teñen lugar no seu contorno. O libro consta de doce Unidades didácticas (oito de Física e catro de Química, máis un anexo sobre formulación e nomenclatura de compostos inorgánicos), sempre de acordo coa normativa vixente relativa á ESO. Na parte de Física englóbanse os conceptos e aplicacións de movementos, forzas, enerxías mecánica e ondulatoria e intercambios de enerxía. En Química abórdanse sobre todo os cambios químicos, así como unha introdución dos compostos do carbono. Todas as Unidades presentan a mesma estrutura: introdución motivadora, test para avaliar os coñecementos previos, desenvolvemento dos contidos con exemplos resoltos e realización de actividades, experiencias de laboratorio, cuestións e exercicios ordenados segundo o seu nivel de dificultade, lecturas sobre temas relevantes de actualidade e, ao final da Unidade, un resumo dos conceptos básicos. Tabla de Contenidos 1. O movemento dos corpos. 2. As forzas. 3. As forzas e o movemento. 4. Estática de fluídos. 5. Forzas gravitacionais. 6. Traballo, potencia e enerxía mecánica. 7. Intercambios de enerxía. 8. A enerxía das ondas: luz e son. 9. Os elementos e os seus enlaces. 10. As reaccións químicas. 11. Reaccións químicas de interese. 12. A química dos compostos do carbono. Anexo: Formulación e nomenclatura de compostos inorgánicos.