DEMO DE DENTE!

DEMO DE DENTE!

PEP BRUNO / AMREI FIEDLER (Ilustración)

14,90 €
IVA incluido
❌ Agotado
Editorial:
OQO EDITORA
Año de edición:
2013
Materia
Álbum ilustrado
ISBN:
978-84-9871-467-8
Páginas:
40
Encuadernación:
Cartoné
14,90 €
IVA incluido
❌ Agotado
Añadir a favoritos

Un dente que se move
e nos amola, ao comer, ao falar...,
pero non hai maneira de que caia:
aí segue como se tal cousa!

Ás veces, todo resulta moi sinxelo:
dáslle un bocado a unha mazá e, de súpeto, zas!,
esa moa que se movía, cae.
Estás en clase de matemáticas
e, ao facer unha multiplicación, zas!,
ese dente que abaneaba, cae.

Pero outras veces, como ocorre neste libro, non é doado, nin moito menos. Para estes casos difíciles, o escritor Pep Bruno e a ilustradora Amrei Fiedler presentan unha serie de propostas divertidas, imaxinativas e un tanto surrealistas, que non garanten ao cento por cento que o dente acabe caendo, pero si gargalladas.

Estamos ante un manual literario e gráfico para que os nenos enfróntense, con ousadía e sen complexos, a esa etapa difícil e pouco agradable da caída dos dentes de leite. Para iso, como sempre, non hai nada mellor que refuxiarse no humor.

Así, hai métodos clásicos como atar un fío ao dente e, polo outro extremo, ao pomo dunha porta, á espera de que alguén abra a porta e, tachán!, se leve o dente; ou máis románticos, como darlle un bico a alguén; ou científicos, nos que se aplica o principio de Arquímedes.

O favorito de Amrei Fiedler é o "Entretido", baseado nun circuíto (pezas de dominou, bólas, péndulos...), cuxo desenlace consiste nun martelo que dea directamente sobre o dente en cuestión.

Deste xeito, Demo de dente! non é só un hilarante abanico de estratexias, cada cal máis esmendrellante, para acabar co molesto baile dun dente. Este manual convértese tamén en fonte de inspiración para outros enxeñosos usos, como apunta a propia ilustradora, a quen lle gustaría construír "unha máquina como a do Método Entretido pero cunha función diferente, como un reloxo espertador ou unha máquina para alimentar gatos".

O que revelan as palabras de Amrei Fiedler é a facilidade para que calquera lector se senta identificado con algunha das propostas desta completa guía, resultado dunha "procura exhaustiva" de Pep Bruno, xunto ao seu fillo.

"Preguntamos a amigos e inimigos, consultamos libros, viaxamos a outros continentes e sobre todo, probamos un tras outro, en nosas propias carnes, os diversos métodos dos que tivemos noticia", relata o escritor, co mesmo humor que rezuma o conto.

En definitiva, unha investigación que o lector pode gozar, xunto a unhas ilustracións, realizadas con pequenos pinceis e acrílicos, cheas de curiosos detalles que invitan a novas e divertidas lecturas, sobre todo se nos paramos a observar os cadros que aparecen recorrentemente nas súas páxinas. "Ensinan detalles da miña vida", descobre sobre eles a artista alemá, quen precisa que algúns, como os pingüíns ou os robots, son "pequenos agasallos secretos" para os seus amigos.

Aínda que Demo de dente! é a súa primeira colaboración con OQO, xa ten no seu haber libros editados e premios polas súas ilustracións. Unha característica dos seus traballos é que sempre aparecen gatos, seguro que tamén neste: Queres comprobalo?

Artículos relacionados

  • EL LIBRO DE LAS CAMAS
    PLATH, SYLVIA / WUME, CINDY (Ilustración)
    Original catálogo de camas que no entienden de reglas, y sobre las que las niñas y los niños podrán surcar los mares o alcanzar el espacio exterior. Cama comedor, Cama de bolsillo, ¡hasta una Cama elefante! Poder dormir en ellas, es lo menos importante. Este maravilloso poema permaneció inédito durante más de una década, por lo que Sylvia Plath no pudo verlo publicado. En él, ...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    13,90 €

  • ESTO ES ANDALUCÍA
    NUÑO, FRAN / FRAN NUÑO / CALAFELL I SERRA, ROSER (Ilustración)
    Curro y Macarena tienen muchas ganas de ver el álbum de fotos. Han viajado por las ocho provincias de Andalucía y han hecho un libro con las fotos. ¡Qué fotos más bonitas! ¡Qué tierra tan magnífica! La primera guía de Andalucía para los pequeños lectores. ...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    7,50 €

  • GUARAÇÚ
    ALCÁNTARA, RICARDO / ALCÁNTARA SGARBI, RICARDO / RIUS CAMPS, MARIA (Ilustración)
    ILUSTRACIONES DE MARIA RIUS UN ÁLBUM IMPRESCINDIBLE DE LA LITERATURA INFANTIL. Al linde del bosque, bajo los primeros árboles, Guaraçú, el pequeño indígena, modelaba un muñeco de barro. Un pájaro azul, de extraña belleza, que el niño nunca había visto, se posó a su lado. Ricardo Alcántara y Maria Rius son los creadores de este clásico imprescindible de nuestra literatura infan...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    17,50 €

  • MONETE BUSCA A SU MAMÁ
    DONALDSON, JULIA / AXEL SCHEFFLER (Ilustración)
    Un nuevo álbum de los creadores del superventas El grúfalo.Monete está triste... ¡Ha perdido a su mamá! Por suerte, la mariposa decide ayudarlo, pero no resulta nada fácil: cada vez que Monete le describe cómo es su mamá, la mariposa le enseña un animal diferente... ¡y ninguno es como Monete! ¿Conseguirán encontrarla entre los dos?Julia Donaldson es una de las autoras de litera...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    16,95 €

  • MIS PRIMEROS CUENTOS PARA DORMIR
    TORRES, ERIKA / TORRE, ERIKA / CERRI, CLAUDIO (Ilustración)
    No hay nada mejor que un buen cuento para acurrucarse bajo las sábanas y dormir con una sonrisa de oreja a oreja. En las diez historias que siguen, conocerás al pavo real más generoso, a una ardilla muy somnolienta, al gato de una bruja buena, a dos hermanos traviesos, a un pájaro ronco, al mago más desastroso... Son historias cortas, construidas al modo de las antiguas fábulas...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    16,90 €

  • BAILAR FLAMENCO
    NUÑO, FRAN / FRAN NUÑO / CALAFELL I SERRA, ROSER (Ilustración)
    Curro y Macarena quieren participar en todas las fiestas. Y, cómo no, también quieren aprender a bailar flamenco... para divertirse con sus amigos. ...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    7,50 €

Otros libros del autor

  • ¡MALDITO DIENTE!
    PEP BRUNO / AMREI FIEDLER (Ilustración)
    Estamos ante un ingenioso repertorio de propuestas destinadas a dar ideas a los lectores para provocar la caída de los dientes que están a punto de perderse pero que no acaban de hacerlo. Las ideas son siempre humorísticas recorriendo la gama que va de la ingenuidad a la brutalidad manifiesta,(da pánico solo imaginar algunas soluciones) pasando por el absurdo y desde luego por...
    ❌ Agotado

    16,00 €