LA BALADA DEL MAR SALADO es la primera de la larga saga de aventuras de Corto Maltés, una historia actualmente considerada de culto en el mundo del cómic y de la novela de aventuras. Está ambientada en un Pacífico azotado por los huracanes, pero también por los vientos de una guerra lejana,un mundo poblado por salvajes, piratas, mercenarios, soldados idealistas y aventureros.
Hugo Pratt naceu nunha praia de Rímini (Italia) o 15 de xuño de 1929, aínda que, por orixe familiar e por escolla persoal, sempre se sentiu habitante de Venecia, cidade na que transcorreu a súa infancia e parte da súa xuventude. Aos 10 anos empezou a debuxar cómics e aos 17 anos, tras vivir a súa primeira e intensa aventura africana, pon en marcha a súa primeira publicación, As de picas, en colaboración con varios amigos cos que forma o chamado Grupo de Venecia. A partir dese momento, viaxar, coñecer outras culturas, debuxar, amar e vivir intensamente formaron o seu mapa personal da felicidade.
Etiopía, Brasil, China ou Arxentina teñen un espazo importante na biografía de Pratt quen, a través do seu famoso personaxe Corto Maltés, foi escribindo a biografía dun heroe no que o autor e a criatura parecen fundirse nunha mesma personalidade. A morte, varias veces esquivada na súa bitácora de viaxe, sorprendeu a Hugo Pratt o día 20 de agosto de 1995, pero o seu mito continúa vivo e a súa obra segue a engaiolar lectores de todo o mundo.