CALVO, D.
Introducción O proxecto McGrawHill para a área de ciencias da natureza ofrece unha serie de materiais adaptados ás esixencias curriculares e ás necesidades do ensino actual. Estes materiais incorporan todos aqueles elementos imprescindibles para que o profesorado atope neles un soporte sólido e completo que facilite a súa tarefa na aula. Esta liña editorial caracterízase pola continuidade e coherencia na secuenciación dos contidos, con textos claros e precisos, reforzados cunha ampla gama de exemplos, exercicios e actividades que favorecen a asimilación dos conceptos, ademais de toda unha liña de materiais complementarios e unhas útiles propostas didácticas. Descripción Basicamente este libro pódese estruturar en dous bloques temáticos, o primeiro dos cales estaría integrado polas catro primeiras unidades didácticas nas que se estudan os contidos elementais de Física e química. O segundo bloque temático estaría integrado polas restantes unidades e os seus contidos corresponden especificamente a Bioloxía e xeoloxía. Didacticamente esta obra está formula desde o punto de vista da observación e a descrición de forma sinxela de todos os fenómenos naturais. Neste apartado todas as ilustracións e exemplos foron seleccionados tendo en conta aqueles modelos que poden resultar máis actuais e cotiáns, de tal forma que sexa máis sinxelo inferir sobre eles as explicacións teóricas. En canto á estrutura, cada unidade comeza cunha dobre páxina de presentación na que se introduce ao alumnado nos contidos correspondentes a partir dunha fotografía, un pequeno texto e unha serie de preguntas encamiñadas a detectar os conceptos básicos previos que, ademais, serven de fío conductor. As actividades están intercaladas no texto para reforzar e consolidar os contidos ou para que se poida empregar a metodoloxía de ensinanzaaprendizaxe baseada no estudo dos contidos conceptuais a partir destas. Tamén se formulan actividades que tratan de conectar o que se estuda coa vida diaria, coa sociedade ou cos avances tecnolóxicos presentes ou futuros, como as dobres páxinas de final de unidade. Tabla de Contenidos 1. Materia e enerxía. 2. Movementos e forzas. 3. Luz e son. 4. As reaccións químicas. 5. A atmosfera e a hidrosfera. 6. Axentes xeolóxicos externos. 7. A enerxía interna da terra. 8. A enerxía e os seres vivos. 9. O tránsito de enerxía nos ecosistemas.