CALVO, D.
Introducción O proxecto McGrawHill para a área de ciencias da natureza ofrece unha serie de materiais adaptados ás esixencias curriculares e ás necesidades do ensino actual. Estes materiais incorporan todos aqueles elementos imprescindibles para que o profesorado atope neles un soporte sólido e completo que facilite a súa tarefa na aula. Esta liña editorial caracterízase pola continuidade e coherencia na secuenciación dos contidos, con textos claros e precisos, reforzados cunha ampla gama de exemplos, exercicios e actividades que favorecen a asimilación dos conceptos, ademais de toda unha liña de materiais complementarios e unhas útiles propostas didácticas. Descripción Esta obra formulouse tendo en conta que tanto a observación do contorno natural como a descrición de forma sinxela de todos os fenómenos naturais son básicos na formación dos alumnos. É por isto que neste libro se fai unha coidadosa selección de fotos e ilustracións que ofrecen un apoio importantísimo para establecer un paralelismo entre as explicacións teóricas e os modelos físicos que se poden encontrar usualmente. Por outra banda, didacticamente, foméntase a curiosidade e o debate no alumnado. para isto, por exemplo, ao inicio de cada unidade ofrécese unha dobre páxina na que se introduce ao alumnado nos contidos correspondentes a partir dunha fotografía, un breve texto e unha serie de preguntas encamiñadas a detectar os conceptos previos que, ademais, serven de fío condutor. As actividades están intercaladas no texto para reforzar e consolidar os contidos ou para que se poida empregar a metodoloxía de ensinanzaaprendizaxe, baseada no estudo dos contidos conceptuais a partir destas. Por último, cada unidade finaliza cunha dobre páxina na que através dun debuxo ou dunha fotografía e un breve texto se afonda sobre algún tema que permite coñecer aspectos adicionais sobre a unidade e afondar nos coñecementos adquiridos. Tabla de Contenidos 1. A materia. 2. A Terra no universo. 3. A Terra é un planeta rochoso. 4. O aire que nos rodea. 5. A Terra é o planeta azul. 6. A grande diversidade dos seres vivos. 7. As plantas que nos rodean. 8. Animais invertebrados. 9. Animais vertebrados.