ALMAGRO / MARDONES, MIKEL (Ilustración)
Reinterpretación divertida e orixinal do clásico
de Carapuchiña Vermella. Tanto o texto como
as imaxes xogan cunha dobre complicidade: a
do lector e a da protagonista. A ambos se lles
presupón coñecedores do desenvolvemento da
versión popular máis estendida.
Esta versión rompe o arquetipo físico dunha
nena de trenzas loiras e cara doce que forma
parte do imaxinario colectivo; e incorpora
extravagantes e divertidos personaxes: un
moucho, un porco...