VIGO, A EXPLOSIÓN DOS ´80

VIGO, A EXPLOSIÓN DOS ´80

DE LAS HERAS, VICTOR

36,00 €
IVA incluido
🚚 LLegada en 24/48h
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2011
ISBN:
978-84-9914-305-7
Páginas:
248
Encuadernación:
Rústica
36,00 €
IVA incluido
🚚 LLegada en 24/48h
Añadir a favoritos

Saíase das catacumbas da mobilización antifranquista e entrábase na «movida». Aquela década dos ?80 -da que o fotógrafo Víctor de la Heras elixiu o que el considera o epicentro, entre 1983 e 1987, para nutrir visualmente este libro- foi un período de axitación preñado de día por sucesos políticos ou económicos de envergadura mentres pola noite unha tribo de modernos mesturaba euforia creativa cun desenfreado espírito lúdico entre concerto e concerto; foron os anos en que o naval saíu á rúa pero tamén os dos estragos da droga, cuxos efectos decimaban unha xeración de vigueses, ou os da sida que se coaba nos nosos cárceres.
Foi unha fase eruptiva da historia local, anos de acelerada sucesión de acontecementos que a Víctor De Las Heras lle tocou vivir ao galope biográfico da súa cámara.
Neses catro anos houbo dúas eleccións municipais gañadas polo socialista Manuel Soto, dous ascensos do Celta, o derrubamento do Scalextric ou, indo á anécdota substanciosa, unha provocadora Cicciolina paseando polas rúas cos peitos ao aire a bordo dun camión. A moda galega, con Vigo como eixe do que saían todas as decisións, sorprendía a toda España e convertía o sector téxtil en punta de lanza dunha nova imaxe para Galicia.
Pola noite, Vigo era unha cidade raiada, atropelada, cachonda e encallada cunha produción intensa de bandas, as máis delas de efémera vida. Unha explosión de pelames e vestimentas coa música como expresión catártica.
Foi todo un cóctel de política, deporte, cultura e sociedade.
Fernando Franco

Víctor De Las Heras «Vitín» (Vigo, 1953) é licenciado en Ciencias da Información, rama Publicidade, e cursou ademais na Universidade Complutense de Madrid catro anos de Xornalismo. Paradoxalmente, a súa dedicación profesional será a fotografía, a única especialidade non cursada nos seus estudos e que aprendeu de modo autodidacta. Tras un período dedicado á hostalería en Vigo e Ibiza, que rematou en 1982, iniciou logo unha traxectoria profesional no deseño xornalístico e como creativo publicitario que nunca abandonou, aínda que o fotoxornalismo foi a súa principal dedicación. En 1983 comeza ese labor publicando as súas primeiras fotos nas revistas El Pope e Informe Gallego, ademais de colaborar noutras españolas ás que servía de correspondente, como Tiempo, unha das de maior tiraxe naqueles anos. A finais dos anos 80 dá un salto como free lance a Latinoamérica, primeiro a Panamá e logo a Brasil, país que o seduciu especialmente, onde reflectiu coa súa cámara o lado amargo da realidade, dende as favelas aos grandes vertedoiros de lixo da cidade de Baía nos cales a xente sobrevivía e dos que se alimentaba. Manifestacións da cultura da negritude, dende a capoeira ao candomblé, foron tamén obxecto da atención da súa cámara. En 1997 foi cofundador da revista Pueblo Gallego, na cal foi responsable da área de fotografía sen deixar de colaborar con outros medios. Hoxe é un free lance que busca a vida como pode nestes tempos de crise.

Artículos relacionados

  • WINDOWS TO THE UNEXPECTED
    CABRERA, ANNA / ALBARRÁN, ANGEL / ALBARRAN CABRERA
    Anna Cabrera y Ángel Albarrán destacan como dos de los fotógrafos más innovadores y reconocidos de su generación.Ventanas a lo insólito es el segundo libro de una trilogía iniciada con el exitoso volumen "Remembering the Future", donde los autores exploran la complejidad de la forma y la narrativa en la fotografía.Este libro explora la tensión entre lo visible y lo imprevisto, ...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    55,00 €

  • ATC 1963
    ANA, HOP
    Esta serie constituye un retrato íntimo de Arminda, una mujer que vive con un diagnóstico de esquizofrenia paranoide. A través de estas imágenes, la fotógrafa Ana Hop explora la lucha cotidiana de su tía con una enfermedad mental que, aunque hoy se ...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    35,00 €

  • DÍAS EN PESHAWAR
    ZABALZA, RAMÓN
    Este libro reúne experiencias y fotografías de los intensos días vividos en Peshawar, culminación de un inesperado viaje al territorio noroeste de Pakistán en agosto de 1983. ...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    29,50 €

  • VICTORIA EUGENIA
    REYES UTRERA GÓMEZ / DOMINGO MALVADI / ARANTXA / UTRERA GÓMEZ, REYES
    «? cuando seas mayor viajarás. Vendrás a este precioso país de España. ¡Ya verás lo que te gusta y lo feliz que serás aquí!». Con estas palabras concluía Enrique de Battenberg la última carta dirigida a su hija Victoria Eugenia. Y así fue, ...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    25,00 €

  • SUNDAY MORNING
    SALVANS, TXEMA
    Del aclamado autor de la serie The Waiting Game, Txema Salvans, llega otra fascinante exploración del comportamiento humano y de los espacios que habitamos.A través de su mirada atenta, Salvans transforma lo cotidiano en momentos que invitan al lector a ...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    45,00 €

  • FOTOGRAFÍA DE ALTA CALIDAD. GUÍA DE CAMPO
    MELLADO, JOSÉ MARÍA
    Guía de campo para obtener el mayor partido de nuestros equipos y herramientas fotográficas: cámaras, teléfono (iPhone y Android), dron, ordenador y aplicaciones de revelado y tratamiento de la imagen. Esta guía no pretende profundizar en los diferentes temas como en las anteriores obras del autor, sino poner el acento en la conectividad entre dispositivos y en conseguir una me...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    29,95 €

Otros libros del autor

  • 500.000 SEGUIDORES EN 5 MESES
    DE LAS HERAS, VICTOR
    Te voy a explicar paso por paso cómo crecer exponencialmente en redes sociales y, lo más importante, a ganar mucho dinero con ellas Sin invertir un solo euro en publicidad, Víctor Heras consiguió más de 500.000 seguidores en cinco meses. Gracias a una metodología propia, vas a aprender exactamente cómo lo hizo, cómo funcionan las redes sociales y cómo hacer contenido viral que ...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    18,95 €