ROGER, MARIE-SABINE
Esta é unha novela para rir, para pensar, para sentir, para emocionarse. Esta é unha historia con dous personaxes inesquecibles. Por unha banda, Germain, na mediana idade e pasado de quilos e de tristura (interpretado maxistralmente no cine por Gerard Depardieu). Por outra, Margueritte, unha velliña adorable que sabe todo o que hai que saber sobre os libros e, sobre todo, coñece cal é a súa forza e como nos poden cambiar a vida para siempre.
Marie-Sabine Roger (Bordeos, 1957) durante moitos anos traballo no ensino, en educación infantil, mais un día o aguillón da literatura prendeu moi forte nela e hoxe está entregada por completo á escrita. Froito desa paixón e desa dedicación son máis de medio cento de libros, tanto para pequechos como para mozos ou adultos.