ROSEIRA DO TEU MENCER

ROSEIRA DO TEU MENCER

ROSEIRA DO TEU MENCER

ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, XOSÉ MARÍA / UHÍA, MANOLO (Ilustración)

8,25 €
IVA incluido
🚫 Descatalogado
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2008
ISBN:
978-84-9782-692-1
Páginas:
56
Encuadernación:
Rústica
8,25 €
IVA incluido
🚫 Descatalogado
Añadir a favoritos

Este libro recolle o texto de Roseira do teu mencer, o poemario que Xosé María Álvarez Blázquez dedicou en 1950 a súa primeira filla, Colorín, con motivo do seu primeiro aniversario. Cantiga de berce, canción de roda, xogo paralelístico, autenticidade popular latexan en cada sílaba destes poemas escritos por un pai deslumbrado e namorado pola graza da filla e sobrecollido polo feito sorprendente de que el mesmo é -en parte- o autor deste milagre, o creador da vida... Versos pequenos que son para cantar e bailar: a nena chora perseguida polas galiñas; cantaban para a nena a cotovía, o merlo e o reiseñor; o pai escorrenta a chuvia, a néboa, o vento e o arco da vella... Ao texto do poemario, fermosamente ilustrado por Manuel Uhía, engádiuselle un epílogo biográfico e fotográfico sobre o autor, preparado por Darío Xohán Cabana, ademais dunha completa cronoloxía sobre don Xosé María. Un libro indispensable para que os escolares coñezan e lean ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2008.

Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915-Vigo, 1985) foi un escritor polifacético (poesía, narrativa e ensaio), arqueólogo, investigador, e editor que manifestou en todo o seu quefacer unha vontade de compromiso firme co seu país.





Como poeta cómpre destacar os seus libros Poemas de ti e de min (1949), Roseira do teu mencer (1950), Cancioneiro de Monfero (1953) e Canle segredo (1976). Como narrador, en galego é autor dos contos Os ruíns (1935) e A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971).





A súa figura tivo un papel central na creación das editoriais Monterrey e Castrelos, fitos fundamentais para a normalización da nosa cultura nos duros anos do franquismo. Alén diso o seu labor como investigador en temas literarios e arqueolóxicos foi moi salientábel. En literatura son de subliñar as súas achegas ao estudo da lírica medieval galega e á dos Séculos Escuros; no ámbito arqueolóxico os seus traballos sobre o a prehistoria e a romanización son especialmente relevantes.





En 2008 foi o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.



Artículos relacionados

  • ANA Y FROGA, TOMO 2: ¿QUÉ HACEMOS AHORA? (NUEVA EDICIÓN)
    RICARD, ANOUK
    ¡Regresan las aventuras de Ana y Froga a Blackie Books! Segundo volumen con las andanzas de Ana, la rana Froga, la lombriz Cristóbal, el perro Bubú y el gato Quique. Probablemente el libro para niños que más ha hecho reír también a los padres. ¡Acompáñalos en sus locas travesuras! ...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    12,90 €

  • 12 ROMANCES
    FERNANDO VICENTE (ILUSTR.) / FERNANDO VICENTE (Ilustración)
    Un acercamiento al romancero tradicional, ilustrado con maestría por Fernando Vicente.Los romances constituyen una de las formas poéticas más represetativas de la tradición oral de los pueblos ibéricos. Nacidos por fragmentación de los cantares de gesta ...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    17,00 €

  • Y CIEN TESOROS MÁS
    PERINI, FRANCA / PEDRON, ANNA (Ilustración)
    Un poemario ilustrado para disfrutar y atesorar. Tras El collar de lágrimas , Franca Perini y Anna Pedron regresan con una recopilación de quince poemas ...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    16,00 €

  • ¡ÉCHATE UNAS RISAS!
    PERA TOONS
    ¡Más de 150 chistes para partirte de risa!Desafíos, bromas y chistes que te dearán risa. Los protagonistas de estas historietas son animales, objetos y personajes de lo más peculiares. No te pierdas esta recopilación de más de 150 chistes divertidísimos.Una selección de los chistes más divertidos de Pera tToons, el autor que ha vendido más de dos millones de ejemplares en Itali...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    14,94 €

  • TESORO
    PRAAGMAN, MILJA
    Chispeantes dibujos y poemas de Milja Praagman. Poemas acerca de tú y yo, acerca de ese instante único, de peleas y jaleo, de una niña en la abuela y de una abuela niña. Unas veces etéreos y otras realistas. Llenos de curiosidad por el mundo y maravillosamente ilustrados. ...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    17,00 €

  • EL OGRO GRUÑON
    GUITART, MARÍA / EMMA S. VARELA / GUITART FERRER, MARIA (Ilustración)
    Los animales de la granja de los Martínez viven tan tranquilos y en paz... hasta que Oveja y Araña deciden salir en busca de aventuras. Es entonces cuando atraviesan el bosque y se topan con el terrible ogro Gruñón... ...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    8,75 €

Otros libros del autor

  • PEGA RABILONGA, A / OS RUINS
    ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, XOSÉ MARÍA
    Dous libros de contos: Os ruíns, narracións que datan do ano 1935, case no punto do estoupido da Guerra Civil, e A pega rabilonga e outras historias de tesouros, que viu a luz en 1971 en Edicións Castrelos. Estas narracións comparten, malia os anos que as separan, riqueza descritiva, viveza nos diálogos, humor sutil e unha querenza do autor polos personaxes humildes e perdedore...
    🚫 No disponible

    17,32 €

  • ESCOLMA DE POESIA GALEGA I-II (FACSIMIL)
    ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, XOSÉ MARÍA
    Edición facsimilar coeditada por Editorial Galaxia e a Real Academia Galega, conmemorativa do Día das Letras Galegas do ano 2008, dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez. Tomo I: Escola Medieval Galego-Portuguesa (1198-1346) Tomo II: A poesía dos séculos XIV a XIX (1354-1830) ...
    Entrega 3/5 días

    65,16 €

  • O QUE BEN CHE QUER
    ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, XOSÉ MARÍA / CACCAMO, BERTA (Ilustración)
    Unha mañá do mes de maio de hai moitos anos coouse por debaixo da porta un airiño que recendía a rosas. O ar, que viña cantando, traía no colo unha nena acabada de nacer, a filla de María Luísa e mais de Xosé María, o seu home, e o escritor ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 2008. ...
    Entrega 3/5 días

    11,50 €

  • CANLE SEGREDO. 1951-1953
    ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, XOSÉ MARÍA
    Premio Eduardo Pondal do Centro Galego de Buenos Aires en 1954. A tensión emocional do poemario de Xosé María Álvarez Blázquez abala, en suxestiva figura de contrastes, entre a afirmación do equilibrio e a creba dolorida e grave. A carón da promesa e engaiolamento do amor, a vivencia da plenitude en tempos de infancia e a dor pola perda do estado paradisíaco, flúe tamén a carra...
    🚫 No disponible

    13,60 €

  • POESÍAS (IRIS) Nº 8
    ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, XOSÉ MARÍA
    🚚 Sin stock. Disponible en 2/3

    9,00 €