MERLAN BAJO, PAULA
Nada en Vigo no ano 1979. É licenciada en Dereito e Mestra de Educación Primaria. Na actualidade compaxina a docencia coa escritura. Ten publicados numerosos libros para nenos. Moitos deles foron traducidos a varios idiomas como: galego, éuscaro, catalán, inglés, italiano, francés, coreano e malgache. Premios e distincións: Obtivo o PRIMEIRO PREMIO nos International Latino Book Awards (Estados Unidos, 2018) na categoría de libro ilustrado para nenos máis inspirador por: Una sorpresa para Tortuga. Obtivo MENCIÓN ESPECIAL nos International Latino Book Awards (Estados Unidos, 2020) na categoría de mellor libro educativo para nenos por : La cometa de los sueños.