PÁXINAS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO (1957-2004)

PÁXINAS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO (1957-2004)

ALONSO MONTERO, XESUS

27,80 €
IVA incluido
❌ Agotado
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2004
Materia
Poesía
ISBN:
978-84-9782-192-6
Páginas:
328
Encuadernación:
Rústica
27,80 €
IVA incluido
❌ Agotado
Añadir a favoritos

A vida e a obra de Rosalía de Castro están presentes, desde hai case medio século, nos traballos e nos días de Xesús Alonso Montero: no profesor, no conferenciante, no investigador, no comentarista, no divulgador, no editor de textos, no antólogo... Na presente colectánea hai páxinas que ilustran moi ben este compromiso intelectual, compromiso que, ás veces, ten un certo matiz de militancia.
"Páxinas sobre Rosalía de Castro (1957-2004)" é un corpus de traballos que se centran na recepción do nome e da obra de Rosalía desde 1875 (Lamas Carvajal) a hoxe mesmo. Protagonizan os catorce capitulos do volume, editores, apoloxistas, tradutores... pero tamén os silencios e as reticencias que tales ou cales textos de Rosalía teñen suscitado, especialmente nun ano bélico, o 1937, centenario da escritora. É un longo e variado corpus de xuízos, enfoques e actitudes: Emilia Pardo Bazán, Valle-Inclán, Valera, Curros, José Martí, Azorín, Juan Ramón, Luis Cernuda, Griswold Morley, A.M. Morris, Dantín Cereceda, Celestino Fernández de la Vega, Novoneyra, Rafael Lapesa..., a colectánea tamén acolle pronunciamentos críticos do propio Alonso Montero sobre aspectos tan importantes como "a demisión (literaria) de Rosalía en 1881" ou o seu punto de vista sobre o opresor foráneo nalgúns poemas da escritora. A colectánea é rica en textos inéditos, cartas sobre todo, que ilustran algúns dos capítulos (Dámaso Alonso, Rof Carballo...). Capítulos hai que conteñen en apéndice textos sobre Rosalía case descoñecidos.

Ensaísta e polígrafo nado en Vigo en 1928. Pertence á promoción de escritores que iniciaron o seu labor intelectual e cultural tras a Guerra Civil. Dende entón desenvolveu un abondoso traballo de publicitación e espallamento da cultura galega nas súas distintas dimensións.


Saber máis »



Artículos relacionados

  • LA EDAD DE LOS FANTASMAS
    PRADO, BENJAMÍN
    Benjamín Prado (Madrid, 1961) ha publicado trece novelas, entre otras las siete de su serie protagonizada por el detective Juan Urbano ?Mala gente que camina (2006), Operación Gladio (2011), Ajuste de cuentas (2013), Los treinta apellidos (2018), Tod ...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    12,00 €

  • CASI COMO UNA APARICIÓN
    FAJARNÉS DURÁN, JAVIER
    «Este libro recoge una serie de intuiciones e imágenes de hace ya unos cuantos años. Sus poemas –salvo uno de ellos, surgido en 2025–, fueron escritos en una época en la que tenía todo por vivir (o quizá vivía más en la poesía escrita), y fueron guardados sin urgencia, lejos de la necesidad arrebatada de someter al tiempo. Son una suerte de apariciones o epifanías cotidianas qu...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    14,00 €

  • MOVIMIENTO DE LAS SOMBRAS
    GREGORI PARRA, ANGELS
    Esta antología reúne tres generaciones de poetas catalanas que reflejan la vitalidad de nuestra tradición literaria. Incluye voces consolidadas y emergentes como Antònia Vicens, Marta Pessarrodona, Margarita Ballester, Teresa Pascual, Vinyet Panyella, Cèlia Sànchez-Mústich, Dolors Miquel, Susanna Rafart, Maria Josep Escrivà, Gemma Gorga, Àngels Marzo, Mireia Calafell, Maria Cal...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    23,92 €

  • LAS RAMAS DE SUS BRAZOS
    MEDINA POVEDA, DIEGO
    Las ramas de sus brazos es un libro de poemas atravesado por la herida luminosa de la pérdida. Diego Medina Poveda convierte la enfermedad y la muerte de su padre en el núcleo emocional de una obra que no solo registra el duelo, sino que lo transforma en un territorio fértil desde el que pensar la memoria, la identidad y la fragilidad de lo humano. Desde los primeros poemas, do...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    14,00 €

  • POESÍAS COMPLETAS I
    ZURITA, RAÚL
    Heredero de la gran tradición lírica chilena —reconocida anteriormente por el premio Reina Sofía en la figura de Gonzalo Rojas y Nicanor Parra—, su obra revela el aliento épico y la ambición de la totalidad presente en La Araucana de Ercilla y continuada con títulos como Altazor, de Vicente Huidobro o Canto general, de Pablo Neruda. Estas grandes creaciones, a las que habría qu...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    36,00 €

  • LA BELLEZA Y EL DOLOR
    GARCÍA SÁNCHEZ, JESÚS / GEMIO, ISABEL
    En este libro, la poesía se une a la ciencia para tender un puente de esperanza. La belleza y el dolor reúne las voces de poetas más reconocidos en España de forma altruista. Poesía al servicio de la ciencia, y en favor de la investigación de las enfermedades raras. Detrás de cada verso hay un gesto solidario, un compromiso con quienes conviven cada día con el dolor, la incerti...
    ✅ Disponible - Ver Ubicación

    14,00 €

Otros libros del autor

  • XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE
    ALONSO MONTERO, XESUS
    É esta a biografía dun polígrafo galego, do noso último polígrafo. Versado en moitos saberes humanísticos, cómpre salientar, da rica e caudalosa bibliografía de Xosé Filgueira Valverde, os seus estudos literarios, nomeadamente os centrados na lírica medieval galega. De 1935 data a súa tese de doutoramento sobre a Cantiga CIII de Afonso X, monografía exemplar no seu tempo dentro...
    🚚 Sin stock. Disponible en 3/5

    20,95 €

  • CASTELAO NA UNIÓN SOVIÉTICA EN 1938
    ALONSO MONTERO, XESUS
    Sabíase que Castelao, formando parte dunha delegación española moi plural, estivera, en maio de 1938, en distintas cidades de tres repúblicas da URSS (Leningrado, Moscova; Kiev; Bakú). No presente volume recóllense por primeira vez todos os textos de Castelao sobre a Revolución e a realidade soviéticas. Abundan as formulacións que xustifican o subtítulo do libro: «Filocomunismo...
    🚚 Llegada en 2/3 días

    20,95 €

  • ANIBAL OTERO
    ALONSO MONTERO, XESUS
    Este libro é a biografía de Aníbal Otero Álvarez (1911-1974), filólogo que, en 1936, era, ós 25 anos, o lingüista máis versado no galego vivo e o de formación cientificamente máis moderna como fonetista, dialectólogo e lexicógrafo. Tamén era un excelente e apaixonado coñecedor do romanceiro da tradición oral. Como fonetista foi, ademais dun pioneiro, un mestre. Pero o verán do ...
    🚚 Sin stock. Disponible en 3/5

    26,95 €

  • INTELECTUAIS MARXISTAS E MILITANTES COMUNISTAS EN GALICIA (1926-2006)
    ALONSO MONTERO, XESUS
    Fálase neste libro de intelectuais galegos que reflexionaron en Galicia desde o marxismo, algúns deles investigados por primeira vez, e fálase de homes e mulleres que, antes e despois da Guerra Civil, protagonizaron accións -heroicas algunhas- contra as malfeituras da sociedade desde postulados e inquedanzas comunistas. Tamén nestes capítulos hai achegas novas. Nunhas e noutras...
    🚚 Sin stock. Disponible en 3/5

    31,50 €

  • A BATALLA DE MONTEVIDEO : OS AGRAVIOS LINGÜÍSTICOS DENUNCIADOS NA UNESCO EN 1954
    ALONSO MONTERO, XESUS
    Na vella pugna entre defensores e detractores (ou perseguidores) do galego como lingua funcional culta, a Batalla de Montevideo é o capítulo máis rico, máis interesante e máis aleccionador. Librada no marco da VIIIª Conferencia Xeral da UNESCO (1954), celebrada na capital uruguaia datas, foi promovida polos grupos galeguistas do exilio interior (con Ramón Piñeiro como ideólogo ...
    🚫 Descatalogado

    15,00 €

  • GALICIA HOY.RUEDO IBERICO.(ED.FACSIMILAR)
    ALONSO MONTERO, XESUS
    ❌ Agotado

    35,00 €