GUTIÉRREZ, A.
Introducción O proxecto McGrawHill para a área de Música ofrece unha serie de materiais adaptados ás esixencias curriculares e ás necesidades do ensino actual. Estes materiais incorporan todos aqueles elementos imprescindibles para que o profesorado atope neles un soporte sólido e completo que facilite a súa tarefa na aula. Esta liña editorial caracterízase pola continuidade e coherencia na secuenciación dos contidos, con textos claros e precisos, reforzados cunha ampla gama de exemplos, exercicios e actividades que favorecen a asimilación dos conceptos, ademais de toda unha liña de materiais complementarios e unhas útiles propostas didácticas. Descripción Este libro pretende ser especialmente útil para os profesores de Música desta Comunidade Autónoma, que van impartir os contidos correspondentes ao primeiro ciclo en soamente un ano. Para facilitarlles a tarefa ofrecemos un material completo que desenvolve todos os contidos necesarios para completar a formación musical desta etapa e que se acompaña de ferramentas didácticas para o profesor: un CD de audio e un CD de recursos. Este material elaborouse de maneira que a materia de Música resulte ao mesmo tempo enriquecedora e divertida. Con este libro os alumnos aprenderán a percibir a música de forma sensible e consciente, a utilizar a linguaxe musical, a distinguir os instrumentos e a entender a música como un fenómeno cultural vinculado á época e á rexión na que se produce. Neste sentido, ao tratarse dun material específico para esta comunidade, o libro contén multitude de contidos sobre a música, os instrumentos e as tradicións propias desta rexión, que axudarán a entender a cultura autóctona dunha forma plena. Tabla de Contenidos 1. Sons con silencios. 2. Sons con ritmos. 3. Voces que encantan. 4. Melodías que cativan. 5. Os instrumentos, ¿sóanche? 6. A nosa música tradicional. 7. Música para todos os gustos. 8. ¡Mira a música! A música e os medios de comunicación.