LOUREIRO, RAMON
León Daniel María Bonaparte, más conocido como León de Bretaña, el del Glorioso Cuerpo Resucitado, monarca coronado del Reino de la Vía Láctea a quien, como a los ángeles, le nacieron a la espalda dos largas alas de plumas blancas, recibe entre las sombras de todos los difuntos que lo acompañan, junto al Bicéfalo Príncipe de Caldaloba - su amigo y casi tutor Don Enrique de Dos Cabezas- y al infatigable Merlín Nigromante, la noticia de que los Reyes Magos vienen a su encuentro, fieles al mandato de las señales que, con la luz de los prodigios, brillan en el cielo.
Ramón Loureiro (Sillobre, Fene, 1965), xornalista, compaxina o seu labor periodístico en "La Voz de Galicia" coa literatura. Toda a súa ficción ten como epicentro a soñada Terra de Escandoi, un territorio a medio camiño entre o mundo dos mortos e dos vivos, ao pé do Atlántico, no Poñente desa Terceira Bretaña que o autor identifica coa Galicia do Norte, entre Mondoñedo e Ferrol. Como narrador, publicou "Morgado" (1997) e "O corazón portugués" (2000, finalista do Premio Eixo Atlántico). No 2002 sacou á luz "Carlos Casares: nove retratos e unha conversa inacabada", e no 2003 a biografía "Carlos Casares". Como fotodocumentalista é autor dos ensaios fotográficos "Aceiro sobre a auga" (1992) e "As Pontes" (2003), dedicados ao mundo da construción naval, ás transformacións sociais e ás intervencións na paisaxe das minas de carbón a ceo aberto. No ano 2001 recibiu das Universidades do Minho o Premio Caminhos da Memoria polo seu ensaio fotográfico "A escura terra de Escandoi", no que se reflicte, a través de imaxes en branco e negro, o seu particular universo literario. Como conferenciante, interviu en diversos foros, sempre arredor do tema central da súa literatura: a convicción de que «a Terra que aínda ve a Deus nos ollos dos vencidos non é o lugar onde o mundo remata, senón o faro que alumea cantos mundos hai».