Ao longo da historia, as mulleres foron as verdadeiras gardiás e creadoras da cociña galega tradicional. Elas preservaron e transmitiron un saber culinario que hoxe é patrimonio da nosa cultura. Queremos honrar todas esas mulleres que, durante séculos, compartiron os seus coñecementos de xeración en xeración, creando unha ponte entre o pasado e o presente mediante receitas nadas nos fogares, transmitidas de nais a fillas.
Na década dos sesenta do século XX, foron as mulleres as que tomaron as rendas da gastronomía profesional xestionando mesóns, casas de comidas e restaurantes, intentando conciliar a vida familiar con interminables xornadas de traballo na hostalería.
Fixérono desde un lugar discreto e, en moitas ocasións, sen o recoñecemento que merecía ...