FERREIRO, CELSO E. / FERREIRO, CELSO EMILIO / RAMOS, BALDO (Ilustración)
Baldo Ramos presenta, a partir de cada poema, a súa visión persoal do que transmiten os versos; de estilo surrealista, formato caligráfico, unha mestura cromática na que contrastan negro, branco, vermello, amarelo, lila, granate...
Celso Emilio Ferreiro plasmou na súa obra poética o seu xeito de contemplar o mundo: comprometido, rebelde, crítico, mais tamén sensible, solidario, vangardista. Esta escolma reúne os versos máis senlleiros publicados en Longa Noite de Pedra, Viaxe ao país dos ananos e Onde o mundo se chama Celanova. Cada un deles pertence a unha época da súa vida: baixo a ditadura franquista, pola que estivo perseguido; no exilio, onde criticou a perda de identidade da colectividade galega no exterior; e a súa etapa en Madrid, onde a súa terra foi máis que nunca o seu punto de referencia vital.
Baldo Ramos presenta, a partir de cada poema, a súa visión persoal do que transmiten os versos; de estilo surrealista, formato caligráfico, unha mestura cromática na que contrastan negro, branco, vermello, amarelo, lila, granate... Poesía visual que FAKTORÍA K recomenda ler pausadamente, reflexionar, saborear... e contemplar placidamente sobre un atril para que o halo de misterio das trece lúas inunde o espírito do lector.