BLANCO, CONCHA / UHÍA, MANUEL (Ilustración)
Hadrián era un neno que peregrinaba dun lugar a outro coa súa familia nunha camioneta cargada de quincallada para venderen nas romarías. Non sabémo-los anos que o rapaz sumaba pero polos seus olliños inocentes, polo seu andar, polos seus pés inquedos, o seu corpo saltareiro e as súas mans de boneco, serían uns sete. Quizais oito, pois a ruín e indiscriminada loita por sobrevivir castigara o seu corpo miúdo. Mamá Sinda e a estrela Thais, xunto con Hadrián, son as personaxes principais desta historia que, de certo, vos vai gustar.
Nacida en Lires (Cee) en 1950, é unha das máis destacadas escritoras de literatura infantil dende os anos oitenta. Os seus primeiros libros combinaban a literatura coa función didáctica, como en Contos prá escola e Cousiñas prá escola. Nas súas obras emprega unha escritura áxil na que ten notable presenza o humor e se tratan temas de actualidade. Da súa produción destacan ¿Andrómenas?, finalista do Premio Barco de Vapor 1989, A misteriosa montaña da Pena Negra, A papoula era máxica, Boris e Boris e compañía. Entre outros galardóns, cóntanse o Premio Arume de poesía infantil, da Fundación Neira Vilas, e o Premio Pura e Dora Vázquez, da Deputación de Ourense.