NOGUEIRA, CAMILO
No momento da entrada na CE, Galiza non contou cun estado propio, como o de Irlanda, sufrindo as determinacións políticas alleas. En Galiza na Unión. A porta atlántica trátase da admirábel resposta da sociedade galega, dispondo agora dunha singular estrutura produtiva, con múltiples actividades económicas que encabezan as do Estado español. Unha sociedade preparada para unha vida política aberta e independente. A través do camiño que ía de Europa en dirección a Compostela, Galiza estivo presente nas orixes da identidade do continente. George Steiner fala da relación entre a humanidade europea e a paisaxe moldeada polos pés e as mans, pondo o percorrido dos peregrinos como paradigma das distancias a escala humana, dos horizontes enxergados andando.
Camilo Nogueira Román (Vigo, 1936) é enxeñeiro industrial e economista. Entre 1964 e 1977 traballou na industria do automóbil e na promoción do desenvolvemento industrial. Membro da Comisión que elaborou o Estatuto dos 16 e deputado no Parlamento de Galiza entre os anos 1981-1993 e 1997-1999, tamén foi deputado no Parlamento Europeo. Autor, entre outros textos, de A memoria da nación e A terra cantada.