NOGUEIRA, CAMILO
Defróntase agora a UE aos desafíos do pleno recoñecemento da diversidade nacional e da presenza no mundo como potencia civil pola paz, a xustiza e os dereitos humanos. A súa acción pode constituír un soporte político obxectivo para os movementos altermundialistas.
Camilo Nogueira Román (Vigo, 1936) é enxeñeiro industrial e economista. Entre 1964 e 1977 traballou na industria do automóbil e na promoción do desenvolvemento industrial. Membro da Comisión que elaborou o Estatuto dos 16 e deputado no Parlamento de Galiza entre os anos 1981-1993 e 1997-1999, tamén foi deputado no Parlamento Europeo. Autor, entre outros textos, de A memoria da nación e A terra cantada.