HISTORIA DA EDUCACIÓN E DA CULTURA EN GALICIA (SÉCULOS IV-XX) : PERMANENCIAS E C

HISTORIA DA EDUCACIÓN E DA CULTURA EN GALICIA (SÉCULOS IV-XX) : PERMANENCIAS E C

PERMANENCIAS E CAMBIOS NO CONTEXTO CULTURAL E EDUCATIVO EUROPEO

COSTA RICO, ANTÓN

50,00 €
IVA incluido
Discontinued
Publishing house :
EDICIÓNS XERAIS
Year of edition:
2004
Matter
Pedagogía general
ISBN:
978-84-9782-220-6
Pages :
1248
Binding :
Rústica
50,00 €
IVA incluido
Discontinued
To add favorites

Esta impresionante obra do profesor Antón Costa Rico analiza e valora o rico e múltiple pasado educativo e cultural de Galicia desde a súa romanización e cristianización até o presente, á luz e no contexto da historia cultural e educativa europea. Importantes personaxes, institucións educativas e culturais, iniciativas e obras intelectuais e literarias saen á luz nuns casos, ou son examinadas no cadro da sociedade galega e nos contextos hispano e europeo, cando é oportuno. Unha obra que constitúe unha detida análise dos procesos educativos e culturais en Galicia no tempo da historia antiga, durante a alta e baixa Idade Media, no renacemento, ao longo do Antigo Réxime e da Ilustración, así como os dous últimos séculos da historia de Galicia. A materia de estudo, as súas formas, os libros e os textos, as idades escolares, a biblioteca, as institucións, os intercambios dos galegos con Europa e América, o papel da Igrexa Católica entre nós, os conflitos culturais, a incoporación dos avances e das reformas científicas, isto é, unha visión poliédrica do que fomos desde o ángulo educativo e cultural; unha historia social do coñecemento en Galicia, co trasfondo da historia cultural e educativa europea.
Prologada por Xosé Ramón Barreiro Fernández e por Agustín Escolano Benito, a obra componse de dez capítulos, cun extraordinario acompañamento de notas críticas e de referencias bibliográficas, unha antoloxía de textos literarios e pedagóxicos acaídos e amplos índices analíticos, onomásticos, toponímicos, de obras e de institucións citadas no texto, máis unha biografía xeral.
Unha obra fundamental de estudo, de referencia e de consulta obrigada, sobre a nosa historia cultural e educativa, elaborada con criterio académico e tamén marcadamente didáctico, de interese para profesores de todos os niveis educativos, estudosos, curiosos e lectores no campo da historia, da literatura e a filoloxía, a filosofía e a educación.

Antón Costa Rico (anton.costa@usc.es) é Profesor Catedrático de Historia da Educación na Universidade de Santiago de Compostela (Galicia). Doutor en Ciencias da Educación (Universidad de Salamanca, 1982). Ten unha extensa traxectoria de docencia universitaria nos campos da política educativa e da historia de la educación, ámbitos os estes nos que desenvolve actividades de investigación. É un dos fundadores e promotor do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega (1983) e foi un dos impulsores da difusión da pedagogía Freinet desde 1974. Foi Director do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago e Decano da súa Facultade de Ciencias da Educación. É membro do Consello Escolar de Galicia desde a súa creación. Dirixiu dez teses de doutoramento universitario. Tivo ata o presente diversas presenzas académicas en Suiza, Francia, Inglaterra, Brasil, Arxentina e Portugal. Actualmente é o Presidente da ?Sociedad Española de Historia de la Educación' (SEDHE). Como militante da renovación pedagóxica tivo e ten presenza frecuente en diversos foros de reflexión e de exposición pública. Foi correspondente de Cuadernos de Pedagogía en Galicia. Impulsor e membro dos Consellos de redacción das revistas pedagógicas As Roladas-2, Revista Galega de Educación e Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación, entre outras. Militante político e cívico no espazo da esquerda e do nacionalismo galego. Diversos aspectos da historia da educación en Galicia e cuestiones da historiografía educativa centran a súa atención investigadora no presente. Entre as súas obras: O ensino en Galicia. Problemática e perspectivas (1980), Escolas e mestres. A educación en Galicia da Restauración á II República (1989), Historia do ensino no Reino de Galiza (anos 413-1483), A reforma da educación (1906-1936) (1996), Informe sobre a situación e estado do sistema educativo en Galicia (1995; Dir. de Informe), Fray Martín Sarmiento. La educación de la niñez y de la juventud (en colaboración) (2002), Sarmiento. Vida e obra (2002, Edicións Xerais de Galicia), Historia da educación e da cultura en Galicia (2004, Edicións Xerais de Galicia), A construcción do coñecemento pedagógico (2009), D´abord les enfants. Freinet y la educación en España (1926-1975) (2010), Luís Bello: Viaje por las escuelas de Galicia (ed. e estudio crítico) (2010). Ten sido notable colaborador na elaboración e supervisión de ?entradas' para a Gran Enciclopedia Gallega (S. Cañada ed.) e Enciclopedia Galega Universal (Ed. Ir Indo).

Artículos relacionados

  • EL ÁLBUM ILUSTRADO: PASEN Y LEAN
    ANTÓN, ROCÍO / GAVINO LÁZARO, AURORA / NIÑO, CARMEN / RÍOS NIÑO, PILAR (Ilustración)
    El álbum ilustrado es una obra que no deja indiferentes a los lectores valientes que se ven atrapados activamente en la construcción de una historia que convoca a la oralidad a partir de la mirada, la palabra y la emoción. La curiosidad por conocer este tipo de obras es lo que ha llevado a las cuatro autoras a escribir este libro. En él se aborda la importancia de la imagen en ...
    Available

    28,50 €

  • UN PASEO DIDÁCTICO POR LA NEUROEDUCACIÓN
    MORA, FRANCISCO
    Como su título sugiere, este libro propone un paseo, descansado y reparador, como solo pueden serlo los buenos paseos, por los conceptos e ideas clave del fértil territorio que nos abre la neuroeducación: ha sido escrito con el afán de exponer, de una forma completa y accesible, ese nuevo mundo de conocimientos ya esbozado en los otros tres libros anteriores que Francisco Mora ...
    Available

    19,95 €

  • CONECTADOS Y EMPODERADOS
    BAILÉN, EVA / EVA BAILÉN
    La sociedad ha cambiado a una velocidad de vértigo en los últimos veinte años. Y ser niño, adolescente, padre, madre o profesor es hoy más difícil de lo que fue para las generaciones pasadas. Eva Bailén, ingeniera de telecomunicaciones, profesora, madre de tres hijos, articulista y experta divulgadora en temas de educación, nos aporta herramientas para poder hablar con las nuev...
    Available

    20,00 €

  • EDUCAR A UNA SOCIEDAD LECTORA
    SÁNCHEZ-GARCÍA, SANDRA / MALDONADO-LOZANO, MANUEL JESÚS / GUTIÉRREZ-ZORNOZA, MYRIAM
    Los autores de este libro creen, firmemente, en el poder educativo de la lectura, Saben que sin lectura no hay educación; porque el verdadero aprendizaje necesita de la comprensión, de esas interpretaciones que hacemos de todo cuanto forma parte de lo que nos educa. La lectura es parte integral del entorno donde se lleva a cabo y del propio contexto donde se ha construido su co...
    Available

    20,00 €

  • PROFESOR A MUCHA HONRA
    JIMÉNEZ LARGO, IÑAKI / CHULIÁ, MERYMAY (Ilustración)
    Este libro va dirigido a todos aquellos que se enfrentan a diario al reto de enseñar a los jóvenes. ¿Cómo hacer que una clase de asignaturas como economía o de matemáticas un viernes a las ocho de la mañana resulte atractiva? ¿Cómo captar el interés de los alumnos hablando de temas que pueden serles tan lejanos? La clave es acercar los temas que a priori les parecen tan alejado...
    Available

    13,50 €

  • INTELIGENCIA ARTIFICIAL Y DESARROLLO TECNOLÓGICO AL SERVICIO DE LA ENSEÑANZA VIRTUAL
    CUBO DELGADO, SIXTO / YUSTE TOSINA, ROCÍO / LÓPEZ RAMOS, VÍCTOR
    Esta obra pone el foco en la importancia de la comunicación empática, las disposiciones cognitivas y la gestión emocional para lograr una mayor eficacia en la enseñanza virtual. En ella se analizan experiencias tecnológicas al servicio de esta enseñanza y se exploran los límites de herramientas innovadoras como los chatbots o la inteligencia artificial generativa. Sus contenido...
    Available

    18,50 €

Other books of the author