Búsqueda de Editorial : ***VARIAS*** / Colección : Ensaio

15 resultados

  • OUTRA POLITICA PARA OUTROS TEMPOS
    FRANCO GRANDE, XOSE LUIS
    Con este libro preténdese que o lector pense sobre o desenvolvemento desa realidade que é Galicia, vista desde Europa e tendo presentes as correntes de pensamento federalista que xurdiron despois da Segunda Guerra Mundial, cando quebran os estados-nación. Federalismo para Galicia tendo á vista o federalismo que para Europa pensaron os europeístas, e que xa é unha necesidade urx...
    Unavailable

    16,40 €

  • PARADIGMA E TEMPO NA FISICA TEORICA
    LOUREÇO FONDEVILA, BASILIO
    Este ensaio, que forma parte do "metaensaio" AO FINAL DO INFINITO (do que Galaxia xa publicou dous textos: A SUBMISIÓN DAS MASAS e AO FINAL DO INFINITO. INTRODUCIÓN XERAL) trata da relación entre o espírito da modernidade occidental e o nacemento da Física; e entre a crise da civilización e a síntese teórica pendente dentro desta. Entra en cuestións conflictivas da Física do sé...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    22,00 €

  • GALIZA NA UNION. A PORTA ATLANTICA
    NOGUEIRA, CAMILO
    No momento da entrada na CE, Galiza non contou cun estado propio, como o de Irlanda, sufrindo as determinacións políticas alleas. En Galiza na Unión. A porta atlántica trátase da admirábel resposta da sociedade galega, dispondo agora dunha singular estrutura produtiva, con múltiples actividades económicas que encabezan as do Estado español. Unha sociedade preparada para unha vi...
    Available in 1 week

    22,95 €

  • EUROPA. O CONTINENTE PENSADO
    NOGUEIRA, CAMILO
    Defróntase agora a UE aos desafíos do pleno recoñecemento da diversidade nacional e da presenza no mundo como potencia civil pola paz, a xustiza e os dereitos humanos. A súa acción pode constituír un soporte político obxectivo para os movementos altermundialistas. ...
    Unavailable

    24,20 €

  • XORNALISTAS CON OPINIÓN. ESCOLMA DE TEXTOS
    VV.AA.
    Xornalismo literario e de opinión. Pensamento activo nas páxinas dos xornais. O presente volume, aínda que admite unha lectura autónoma, complementa o correspondente ás biografías de vinte xornalistas que editamos nesta mesma colección. A escolma de textos non só permite unha visión máis rica dos autores senón que, en conxunto, constitúe unha moi ilustrativa panorámica da histo...
    Unavailable

    26,20 €

  • A LINGUA GALEGA NO CANCIONEIRO DE PÉREZ BALLESTEROS
    SÁNCHEZ REI, XOSÉ MANUEL
    A finais do século XIX, coincidindo co Rexurdimento, é publicado o cancioneiro de Pérez Ballesteros, en que se inclúen case 2.600 textos que o compilador foi recollendo da boca das galegas e dos galegos da altura. Dado que esas composicións tradicionais foron transmitidas fidedignamente segundo as cantaba o pobo, sen por tanto intervir o colector nos trazos da lingua, constitúe...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    24,00 €

  • A VIOLENCIA EXCEDENTE
    SAMPEDRO, FRANCISCO
    ?Para os que non acreditamos no ?Mundo de Sofía?, nin aínda menos, no de ?Alicia?, ler filosofía en Galiza, con bastante frecuencia, é motivo de depresión cando non de cabreo. Por iso, atoparse cun texto como ?a violencia excedente? equivale a ese pulo de ar fresco que ventila e dá vida á podremia dos espazos longo tempo pechados. Outro segundo motivo contribúe a que saudemos ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    9,00 €

  • CANTOS DE MALDOROR E POESÍAS
    LAUTRÉAMONT - COMTE DE -
    ?Escribiu un libro que sería único se non existisen as prosas de Rimbaud; un libro diabólico e estraño, burlón e ouveante, cruel e penoso; un libro no que só se oen a un mesmo tempo os xemidos da dor e os sinistros axóuxeres da Loucura? (Rubén Darío). ?Todo o máis audaz que, durante séculos, se pense e se emprenda, encontrou aquí unha formulación anticipada na súa lei máxica. ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    16,00 €

  • IDIOMA E PODER SOCIAL
    NINYOLES, RAFAEL L.
    ?No arsenal bibliográfico de carácter científico que manexan as humanidades e, dentro delas, a socioloxía da linguaxe ou sociolingúística, hai, como é doadamente verificábel, fariña de primeira calidade e farelo. Hai obras que crían doutrina, combinan o máis rigoroso da elaboración de modelos teóricos co máis util(itario) para a transformación de pautas e condutas sociais, e re...
    Available in 1 week

    17,00 €

  • PALABRA E PATRIA
    RABUÑAL, HENRIQUE
    Nos últimos anos Henrique Rabuñal ten estudado e escrito sobre diversos aspectos da nosa cultura. Neste volume recóllense algúns dos máis sobranceiros que son ás veces tamén intervencións do autor en diversos foros de análise do noso teatro, do noso pensamento, da nosa arte. Por iso, os verdadeiros protagonistas deste libro son algúns dos máis senlleiros autores galegos das últ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,00 €

  • RINOCERONTE
    IONESCO, EUGENE
    A vida tranquila e un tanto baleira da pequena cidade vese de súpeto perturbada pola insólita prensenza dun rinoceronte ceibo que turra e ameaza a morna paz cotiá. Ionesco mergúllanos nun mundo cínico e grotesco que vai tomando un aspecto cada vez máis inquietante. Só Berenguer un home inseguro que non se sente cómodo nesa sociedade se negará a aceptar o que semella irreversibl...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    18,00 €

  • A FORMACIÓN DO NACIONALISMO GALEGO CONTEMPORÁNEO (1963-1984)
    FERNÁNDEZ BAZ, MANUEL ANXO
    O presente libro ten como obxectivo prioritario dar a coñecer a evolución do nacionalismo galego contemporáneo, destacando aqueles feitos e procesos considerados fundamentais para entender as dinámicas que se foron abrindo no seo do mesmo, así como o lugar e a posición dos actores que o conforman. Desde a Unión do Povo Galego e o Partido Socialista Galego até o Bloque Nacional...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,00 €

  • NAI ESPAÑA
    NINYOLES, RAFAEL L.
    A versión orixinal de Nai España apareceu en 1979. Transcorridos 23 anos, as reflexións aquí contidas adquiren absoluta vixencia e actualidade. É un libro apaixoante porque pon o dedo na ferida de cuestións non resoltas que seguen a ser hoxe materia pendente ?o eterno suspenso? do temario político español: a formulación democrática do Estado, o marco xurídico-político acorde á...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,00 €

  • ARISTOCRACIA IMPOSÍBEL: O DISCURSO POLÍTICO DE NIETZSCHE
    SAMPEDRO, FRANCISCO
    Que a obra dun filósofo resista o paso de cen anos non ten nada de estraño. A de Platón séguese a analizar, e van alá vintecinco séculos. O que sen embargo chama a atención é a pluralidade de interpretacións que se teñen tirado da obra de Friedrich Nietzche. Ningún pensador deu tanto que falar xustamente en nome dunha ambigüidade extrema. Persoas situadas nas antípodas no tocan...
    Available in 1 week

    13,22 €

  • UN DIGNO HERDEIRO
    DIXON, KEITH
    Available in 1 week

    8,50 €