POESÍA GALEGA COMPLETA

POESÍA GALEGA COMPLETA

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia
Poesía
Materia BIC
Poesía de poetas individuales
ISBN:
978-84-9782-687-7
Páginas:
392
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Sin stock. No disponible

16,50 €

En dólares:

$ 22,77
Sin stock. No disponible
Avisar disponibilidad

Poesía galega completa recolle toda a obra poética en galego de Xosé Mª Álvarez Blázquez, tanto os seus cinco poemarios, Poemas de ti e de min (1949), escrito co seu irmán Emilio; Roseira do teu mencer (1950, Xerais 1992, 2008), Romance do pescador peleriño (1954); Cancioneiro de Monfero (s. XIII) (1953), e Canle segredo (1954), como poemas inéditos da edición anterior de Xerais de 1987 e outros moitos que até o de agora nunca saíron á luz, nunha coidadosa edición preparada por Xavier Rodríguez Baixeras. Membro da xeración de 1936, truncada pola guerra civil, a fonte máis auténtica e profunda da lírica de Álvarez Blázquez é a poesía popular. Aínda que, como di Baixeras no estudo introdutorio, ' ' o primeiro que cabe destacar da súa poesía é a diversidade, pois toda ela obedece a dúas actitudes moi diferentes; por unha banda, a adhesión a unha liña neopopular e de tradición imaxinista, e, por outra, á dunha expresión intimista e, finalmente, social ' ' . Trátase dunha voz que non se limita a acomodarse nun mesmo tipo de poema, senón que procura sempre unha maneira nova.

ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, XOSÉ MARÍA
Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915-Vigo, 1985) foi un escritor polifacético (poesía, narrativa e ensaio), arqueólogo, investigador, e editor que manifestou en todo o seu quefacer unha vontade de compromiso firme co seu país.





Como poeta cómpre destacar os seus libros Poemas de ti e de min (1949), Roseira do teu mencer (1950), Cancioneiro de Monfero (1953) e Canle segredo (1976). Como narrador, en galego é autor dos contos Os ruíns (1935) e A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971).





A súa figura tivo un papel central na creación das editoriais Monterrey e Castrelos, fitos fundamentais para a normalización da nosa cultura nos duros anos do franquismo. Alén diso o seu labor como investigador en temas literarios e arqueolóxicos foi moi salientábel. En literatura son de subliñar as súas achegas ao estudo da lírica medieval galega e á dos Séculos Escuros; no ámbito arqueolóxico os seus traballos sobre o a prehistoria e a romanización son especialmente relevantes.





En 2008 foi o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.