MULTICULTURALISMO E IDENTIDADES PERMEÁBEIS NA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

MULTICULTURALISMO E IDENTIDADES PERMEÁBEIS NA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia
Historia de la Literatura
Materia BIC
Estudios de literatura infantil y juvenil
ISBN:
978-84-9782-486-6
Páginas:
272
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Sin stock. No disponible

18,00 €

En dólares:

$ 24,84
Sin stock. No disponible
Avisar disponibilidad

Os membros da "Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico" (LIJMI), coa colaboración doutros investigadores convidados, reúnen neste volume, coordinado por Blanca-Ana Roi Rechou, Isabel Soto López e Pedro Lucas Domínguez, un conxunto de achegas arredor do multiculturalismo e a representación da indentidade na Literatura Infantil e Xuvenil, destinadas fundamentalmente aos mediadores entre o libro e os seus receptores e que pretenden converterse nun material de consulta útil á hora de desenvovler o seu labor.
Tras dunha reflexión teórica arredor do tema proposto, o libro inclúe unha selección de obras pertencentes ao marco ibérico e a outros ámbitos lingüisticos que achegan elementos para unha interpretación da multiculturalidade, da convivencia do diverso, dende perspectivas como o contacto entre culturas, a recreación de situacións de convivencia ou de conflito, o tratamento das diferenzas e as transformacións que se operan na vida cotiá ou a presentación das particularidades que axudan ao coñecemento de culturas alleas.
Catorce destas obras son obxecto dun comentario pormenorizado, co fin de facilitarlles aos mediadores unha serie de claves de aproximación a estes textos para o seu uso na educación literaria.