MATADEO MAÑÁ : MEMORIAS DUN AVIADOR GELEGUISTA REPUBLICANO ENTRE A GUERRA E O EX

MATADEO MAÑÁ : MEMORIAS DUN AVIADOR GELEGUISTA REPUBLICANO ENTRE A GUERRA E O EX

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia
Biografías
Materia BIC
Autobiografía: general
ISBN:
978-84-9782-439-2
Páginas:
416
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Sin stock. No disponible

19,10 €

En dólares:

$ 26,36
Sin stock. No disponible
Avisar disponibilidad

Matádeo mañá é un testemuño autobiográfico excepcional; a reconstrución do emocionante periplo vital deste aviador galeguista durante a Guerra Civil: un tempo ralentizado polo cárcere, o terror dos paseos, a súa fuxida cara ao bando republicano, os xuízos sumarísimos que sufriu e o seu traballo como secretario da Solidaridade Antifeixista Galega xunto con Castelao. Tamén é unha memoria lúcida do exilio galego en México, onde Elixio Rodríguez foi un dos promotores da emisión radiofónica A hora de Galicia e do Padroado da Cultura Galega e colaborador teimudo da revista Vieiros que dirixían Luís Soto e Carlos Velo, «xérmolo e vangarda política dun anovado nacionalismo galego», en palabras do historiador Elixio Villaverde, autor do limiar destas memorias apaixonantes. Este é un relato trepidante de feitos históricos, políticos, diplomáticos e bélicos, que constitúe unha grande achega á nosa memoria colectiva. Esta segunda edición destas memorias, consideradas como un dos cumes do xénero autobiográfico en lingua galega, foi revisada e corrixida polo autor antes do seu pasamento, á que se lle engadiu un índice onomástico e un adral de Aser Álvarez.

RODRÍGUEZ, ELIXIO
Elixio Rodríguez Domínguez (Grou, Lobios 1910 - México D.F. 2007) acolleu dende moi novo a causa do galeguismo. Tras o alzamento do 36 sufriu persecución política. Refuxiouse na Lexión Estranxeira e, debido a unha conxuntura afortunada, ingresou na Arma de Aviación co grao de alférez. O 7 de marzo de 1937 fuxiu a Xibraltar nun vello Breguet-XIX para incorporarse á aviación republicana, onde permaneceu ata o final da guerra. Refuxiado en Francia, grazas á intercesión de Castelao e Luís Soto e ao apoio das comunidades galegas de América, Elixio foi un dos moitos galegos evacuados en 1939 cara a México. Durante décadas de exilio participou en múltiples actividades culturais galeguistas como a revista Saudade, o programa de radio A hora de Galicia ou a revista Vieiros. Entre as súas amizades contáronse Companys, Olof Palme, André Malraux ou o espía británico James Playdon. Como escritor publicou Matádeo mañá (Xerais 1994, 2008), unhas apaixonantes memorias, consideradas como un dos cumes do xénero autobiográfico en lingua galega.