D. VEIGA, RAMÓN / MUÑOZ, ISABEL (Ilustración)
Con casi cien años, la abuela Maruja tuvo mucho tiempo para conocer enanos, gigantes, cíclopes, atlantes y también alguna fascinante bruja: unas elegantes; otras, escalofriantes; de un humor brillante; con peor talante pero al final todas se hacían querer. Entre viaje y viaje, hizo un inventario algo estrafalario, aunque extraordinario, de las brujas que en el camino se fue encontrando. Cuando lo acabó, se lo vendió a un anticuario y, con el dinero que ganó, se fue a vivir a un balneario. Dicen que allí sigue hoy Maruja. ¿No será ella también un poco bruja?
Licenciado en Filoloxía Hispánica, traballa no eido da edición. Ten publicados os seguintes títulos para o público infantil: "Violeta quere ser vampiro. Un Conto do Samaín" (Xerais, 2017), "É tempo de Entroido!" (Xerais, 2018), "A araña que lles tiña medo ás arañas" (Xerais, 2019), "Meigas fóra!" (Xerais, 2020), "Non pare a festa" (Xerais, 2021), "De festa en festa" (2022), "Gloria" (2023) e "Inventario de bruxas da avoa Maruxa" (2023). Tamén é autor da serie de banda deseñada "Miñoca" (Xerais, 2021/2022/2023) e colaborou no volume colectivo "Era unha vez" (2022) coa adaptación do conto de Óscar Wilde "O xigante egoísta".
En 2021 gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia con "Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente" (2022) (Selección OEPLI, 2022), e en 2022, o XV Premio El Príncipe Preguntón de Poesía para Niños con "O delirante restaurante de Héitor Mórtimer e a súa clientela aberrante".
Publicou os contos en liña "#EuQuedoNaCasa" (2020), sobre o confinamento provocado pola covid-19, e "Bombas de chocolate" (2022), sobre a guerra de Ucraína.
Para o público adulto publicou "Zoom" (Xerais, 2022).
Na actualidade coordina a conta de Instagram @podiachovermerda, onde todos os textos son da súa autoría.