E LOGO, TEMOS RAZÓNS PARA SER NACIONALISTAS?

E LOGO, TEMOS RAZÓNS PARA SER NACIONALISTAS?

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia BIC
PROSA: NO FICCIÓN
ISBN:
978-84-9914-655-3
Páginas:
152
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Sin stock. Entrega estimada en 5/7 días.

10,00 €
Comprar

En dólares:

$ 13,80
Sin stock. Entrega estimada en 5/7 días.

O nacionalismo ten unha serie de valores que cómpre salientar. Defende unha serie de bens que son fundamentais na conformación da vida dos individuos: a historia da comunidade, a lingua, a cultura e a identidade, entre outros.
Neste libro preténdese argumentar a prol do enorme valor que estes aspectos posúen de seu, así como da lexitimidade de todos os pobos a decidir o seu futuro con total liberdade. Os dereitos colectivos non están en colisión cos dereitos individuais: ambos se complementan na consecución de sociedades solidarias e igualitarias. O exercicio do dereito de autodeterminación deber ser unha garantía de democracia e de solución pacífica de conflitos na procura dunhas relacións internacionais máis xustas e equitativas. O nacionalismo procura o recoñecemento das creacións comunitarias e o dereito a poder vivir en pé de igualdade entre todos os pobos e nacións. A dignidade individual dificilmente pode reclamarse cando se nega a existencia como pobo.

DEL BOSQUE ZAPATA, HENRIQUE
Henrique del Bosque Zapata (1959) é mestre e licenciado en Dereito. Na actualidade exerce a docencia no IES de Mos. Publicou libros como Lexislación para o profesorado (Xerais), Guía dos dereitos do profesorado ou O dereito de autodeterminación: Un potencial democrático. Ademais, colaborou en diversas revistas e publicacións.