-
O Dicionario Xurídico Galego recolle unha primeira e fundamental escolma de entradas (arredor de 2.000) nas que se presentan en galego normativo conceptos esenciais do Dereito, información crítica sobre a lexislación vixente en España e, de xeito especial, termos e institucións propias do Dereito Civil de Galicia.
A obra foi redactada, baixo a coordinación de Luciano Varela Castro e Xosé Xoán Barreiro Prado, por 120 autoras e autores, organizados nas áreas de Dereito Administrativo, Dereito Civil común e de Galicia, Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Financeiro e Tributario, Internacional, Mercantil, Notarial e Rexistral, Penal, Procesual e Teoría do Dereito e Dereito Constitucional.
Este Dicionario, coeditado por Xerais e a Xunta de Galicia, e que contou coa colaboración de Rexurga (Revista Xurídica Galega), pretende, en palabras de LucianoVarela, ser «útil para se entender entre eles, cando menos, os que traballan no ámbito xurídico, sen perda do significado especializado dos termos nin do sentido dos enunciados usados nos escritos e conversas».
MARISA VESTITA estudió pintura en la Academia de Bellas Artes de Lecce, al mismo tiempo que realizaba períodos de prácticas de cómic, diseño de decorados y arte teatral. Siempre curiosa por todo aquello relacionado con el mundo de la imagen, en 2002 se mudó a Milán, donde recibió sus primeros encargos como ilustradora. Está muy interesada en aplicar la tecnología informática al arte y ha completado un curso en diseño gráfico digital en el IED (Istituto Europeo di Design). Su obra está presente en grandes exposiciones por toda Italia. Hasta la fecha, ha colaborado con reconocidas editoriales y revistas a nivel internacional.