SMITH, ZADIE
Premio Novela Europea Casino de Santiago 2007 Situada en ambas as beiras do Atlántico, nos EUA e en Inglaterra, a terceira novela de Zadie Smith (Londres, 1975) é unha brillante e divertida ollada á vida dunha familia, á parella, ao vencello entre vida persoal e política. Unha honesta e fonda pescuda na desilusión da xente e nas súas consecuencias para a sociedade. Da beleza conta a historia dos Belsey, un profesor inglés casado cunha afroamericana, e os seus tres fillos. A historia dos seus ideais, da súa busca do amor e máis do seu compromiso con eles mesmos e cos demais.
Zadie Smith (Londres, 1975) estudou Filoloxgía Inglesa en Cambridge e foi profesora en Harvard durante un ano. Con White Teeth gañou o premio Whitbread á Primeira Novela, o James Tait Black Memorial de Narrativa, e os premios para Primeiro Libro dos Escritores da Commonwealth e The Guardian. Con só 25 anos, asombrou a crítica e público internacional cun elaborado sentido do ritmo narrativo e un talento inaudito para dibuxar personaxes de tres dimensións.
A súa segunda novela, The Autograph Man, obtivo o Jewish Quarterly Wingate Literary Prize e foi finalista do premio Orange. En 2003, Zadie foi elexida Mellor Nova Novelista Británica pola prestixiosa revista Granta. A súa última novela, Da beleza, obtivo o premio Orange 2006 e foi finalista do premio Booker 2005, confírmaa como unha das voces máis destacadas da nova narrativa inglesa.