CHEGAMOS DESPOIS A UNHA TERRA GRIS

CHEGAMOS DESPOIS A UNHA TERRA GRIS

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia BIC
OBRAS DE TEATRO, TEXTOS TEATRALES
ISBN:
978-84-9914-209-8
Páginas:
152
Encuadernación:
Otros
Disponibilidad:
Sin stock. Entrega 5/7 días aprox.

12,48 €
Comprar

En dólares:

$ 17,22
Sin stock. Entrega 5/7 días aprox.

Raúl Dans fai un retrato desapiadado dun núcleo familiar en descomposición, en cuxo centro está Helena, esposa e nai, presa da insatisfacción e a amargura, ante o reto de afrontar unha batalla contra o destino mentres todo o seu universo se derruba.
Teatro de personaxes, da palabra como arma, da trama como revelación. Velaquí un drama de feitura clásica poboado de perdedores e antiheroes modernos, mulleres e homes na busca do obxectivo máis lexítimo do ser humano: a conquista da felicidade.
As relacións de parella, entre pais e fillos, os vencellos que nos unen ás persoas, a natureza deses vínculos e as súas escravitudes, o inexorable paso do tempo, as frustracións, o fracaso e as débiles esperanzas que nos manteñen con vida.
En Chegamos despois a unha terra gris hai tamén unha reflexión sobre a verdadeira identidade das persoas, sobre ese ser desprezable que aniña en cada un de nós, ese ser que nos emperramos en negar, pero que somos, en realidade, máis que aquel outro que quixeramos ser ou aparentamos ser ante os demais.
Algunhas historias pretenden iluminar as zonas escuras da alma humana. En palabras do propio autor, Chegamos despois a unha terra gris penetra nesas zonas escuras para perderse nelas.

DANS, RAÚL
Raúl Dans (A Coruña, 1964) é autor teatral, guionista de cine e televisión e actor de dobraxe. Comezou a súa carreira como actor na Compañía Luís Seoane, e é un dos integrantes do colectivo de intérpretes que iniciou a dobraxe en galego, oficio ao que se dedica desde 1985. En 1993 irrompe na escena da escrita teatral galega con Matalobos (Premio Rafael Dieste para Textos Teatrais). Un ano máis tarde acada o Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro con Lugar (Xerais, 1995). En 1997 gaña o prestixioso Premi Born coa obra Derrota (Xerais, 1999). Con Chegamos despois a unha terra gris (Xerais, 2011) gaña por segunda vez o Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro e, finalmente, o premio da AELG.

Otros libros del autor