TORO, SUSO DE / GUITIÁN MONTERO, MARUXAED. LIT.
A carreira do salmón é agónica, unha forma de vivir e avanzar coma unha condea. Este libro, escrito con labaradas de rabia e refachos de frustración, fala máis dos esforzos e da canseira dos que intentan realizar a ilusión da liberdade desde a Galiza que dos froitos e avances conseguidos na última década nesa angueira.
A carreira do salmón, unha antoloxía da obra xornalística de Suso de Toro, preparada por Maruxa Guitián Montero, tanto da publicada como da que ata agora permaneceu inédita, recolle a mirada vivificante do escritor que esculca o mundo que o rodea, a sensibilidade do artista que non permanece xordo ou cego diante dos problemas que se presentan na sociedade do seu tempo.
Suso de Toro escribe dende a súa subxectividade sobre os máis diversos temas sociais e políticos do noso tempo (dende a contaminación acústica ás tripas do actual mundo tecnolóxico, dende o debate sobre a legalización das drogas á pobreza económica e moral na que viven milleiros de persoas, dende a discriminación das mulleres ás voces do pensamento solidario, dende o futuro do idioma ao papel dos creadores, dende a problemática nacional galega á configuración política do estado... e faino dende un pensamento radicalmente individual, lucidamente contemporáneo e insubmiso, achegándose ao colectivo e tomando partido ata mancharse: polas causas do humanismo, da nación, do mundo, da vida, da esperanza. Para Suso de Toro nesta carreira do salmón o futuro só queda aberto para os que teñan azos e vontade.
Suso de Toro nació en Santiago de Compostela en 1956. Licenciado en Arte Moderno y Contemporáneo, ha publicado en gallego más de veinte libros de narrativa, teatro y ensayo.Su obra, traducida a varias lenguas, ha sido objeto de estudio en diversas universidadeseuropeas. Es guionista de televisión y colaborador habitual de prensa y radio.Entre sus títulos destacan la obra de teatro Unha rosa é unha rosa (1997), y los libros de narrativa Caixón desastre (1983), Polaroid (1986), galardonado con el Premio de la Crítica de Galicia, Land Rover (1988), Ambulancia (1990), Tic-tac (1993), Premio de la Crítica española, La sombra cazadora (1994), Cuenta saldada (1996), Calzados Lola (1997), Premio Blanco Amor de novela, Círculo (1998) y No vuelvas (2000), Premio de la Crítica española.Es autor también de libros de periodismo y ensayo como Parado na tormenta (1996), Eterno retorno (1996), El pueblo de la niebla (2000) y A carreira do salmón (2001). Sus novelas La sombra cazadora, No vuelvas, Cuenta saldada y Calzados Lola serán adaptadas al cine próximamente.