SEMBLANZAS, CRÓNICAS E ARTIGOS

SEMBLANZAS, CRÓNICAS E ARTIGOS

FERREIRO, CELSO EMILIO / NICOLÁS RODRÍGUEZ, RAMÓN ED. LIT.

22,50 €
IVA incluido
Discontinued
Publishing house :
EDICIÓNS XERAIS
Year of edition:
2005
Matter
Poesía
ISBN:
978-84-9782-254-1
Pages :
456
Binding :
Rústica
22,50 €
IVA incluido
Discontinued
To add favorites

Semblanzas, crónicas e artigos é a compilación dunha parte fundamental dos artigos de prensa de Celso Emilio Ferreiro: deliciosos textos que o autor publicou no Faro de Vigo ao longo de trinta anos; unha parte baixo o epígrafe de . Son páxinas cargadas de tenrura e de ironía que Ferreiro quixo publicar en forma de libro pero nunca puido; agora, por primeira vez, ven a luz na súa totalidade. O libro tamén recolle un novidoso conxunto de crónicas sorprendentes sobre o Camiño Portugués, ademais de artigos en que Celso Emilio revela claves da súa vida e da súa obra e nos achega aos seus lugares, á literatura, á política e á sociedade do seu tempo, e tamén á gastronomía, á cartomancia, etc.
Unha edición prologada e disposta polo profesor e crítico literario Ramón Nicolás, un dos maiores especialistas na obra do autor celanovés, tamén responsable da súa Poesía galega completa.

Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) iniciou desde moi novo unha actividade política e literaria que estaría sempre marcada polo compromiso co país. Cando estalou a guerra, foi obrigado a se incorporar ao exército franquista, condenado a morte e posteriormente indultado. En 1948 fundou en Pontevedra a colección Benito Soto. Establecido en Vigo desde 1949 publicou "O soño sulagado" (1954, Xerais 1991) e dirixiu a colección de poesía Salnés, onde saíu "Longa noite de pedra" (1962, Xerais 1990, Xerais 2002)). O impacto desta obra foi enorme, esgotada e multicopiada de man de man. Celso Emilio pasou a ser o símbolo da corrente socialrealista. En 1966 marchou a Caracas, onde se enfrontou co sector máis reaccionario da colectividade galega, contra o que redixiu "Viaxe ao País dos Ananos" (1968, Xerais 2004), poemario co que inicia un rexistro satírico que continuará en "Cantigas de escarnio e maldicir" (1968), no romance de cego "Paco Pixiñas" (1970), en "Os autentes" (1973) e mais en "Antipoemas" (1972). En 1973 instalouse en Madrid. Son desta época os poemarios "Cimenterio privado" (1973), "Onde o mundo se chama Celanova" (1975, Xerais 1991) e o "Libro dos homenaxes" (1979). Como narrador publicou dous únicos libros: "A fronteira infinda" (1972, Xerais 1988) e "A taberna do galo" (1978). Con motivo do vinte e cinco aniversario do seu pasamento Xerais iniciou a edición das súas obras completas, das que se levan publicadas os volumes "Obra narrativa" (Xerais 2003), edición de Mónica Góñiz, e "Poesía galega completa" (Xerais 2004), edición de Ramón Nicolás.

Artículos relacionados

  • ALMUDENA
    GARCÍA MONTERO, LUIS
    El capítulo final de una bella y larga historia de amor.Cuando Luis García Montero escribió Un año y tres meses («Una conmovedora lección de duelo» Luis Bagué Quílez, El País; «Una tabla de salvación ante el naufragio» Josep Cuní, El Periódico) para contar la convalecencia y la despedida de su mujer, la escritora Almudena Grandes, en realidad había compuesto el capítulo final d...
    Available

    19,90 €

  • ME CRECE LA BARBA
    FUERTES, GLORIA
    Una amplia antología de la poesía de Gloria Fuertes para adultos y para niños, en el año de la conmemoración del centenario de su nacimiento. «Mi poesía está aquí, como nació -sin ningún ropaje de retórica-, descalza, desnuda, rebelde, sin disfraz. Mi poesía recuerda y se parece a mí.»Gloria Fuertes Cuando el mundo retrocede, la rima asoma. Cuando la vida aprieta, los versos re...
    Available

    20,90 €

  • CORRIENTES ALTERNAS. ANTOLOGÍA DE VERSO Y PROSA
    PAZ, OCTAVIO
    Una antología definitiva para adentrarse en el universo literario del mayor poeta mexicano contemporáneo: el premio Nobel de Literatura Octavio Paz Nueva edición conmemorativa de RAE y ASALELa vida de Octavio Paz corre en paralelo a la historia política y cultural del siglo XX. Su actividad literaria, diplomática y artística; su conocimiento de otras realidades externas a la de...
    Available

    17,90 €

  • POESÍA REUNIDA
    BOLAÑO, ROBERTO
    Toda la poesía publicada por Roberto Bolaño por primera vez en un solo volumen y en edición revisada. «Escribiendo poesía en el país de los imbéciles. / Escribiendo con mi hijo en las rodillas. / Escribiendo hasta que cae la noche / con un estruendo de los mil demonios. / Los demonios que han de llevarme al infierno, / pero escribiendo.» Roberto Bolaño se sintió siempre, en ese...
    Available

    16,95 €

  • LA LUNA EN VERSO
    FERNANDEZ, PATRICIA
    El primer poemario de Patricia Fernández, la poeta que arrasa en TikTok. Literatura, cultura y mucho salseo son los ingredientes principales en la cuenta de TikTok de Patricia Fernández (@patriciafedz). «Tu poeta de con?anza», como ella misma se describe, cuenta con más de 337.000 seguidores y divulga contenido de literatura y cultura. Su poemario está en la línea de jóvenes y...
    Available

    19,90 €

  • CUANDO LA LLUVIA NO MOJE NUESTROS CUERPOS
    MARTÍNEZ, RAMÓN
    Los buenos poemas, igual que las buenas canciones, ponen palabras a lo que sentimos cuando nos reconocemos. Somos iguales y en la intimidad de otros nos vemos a nosotros mismos. Pero hay que estar muy atentos. No es fácil captarlo. Es un juego de espejos. El poeta se mira, y nos enseña lo que ve, y nosotros lo miramos y, si hay suerte, nos vemos. Lo importante es el principio y...
    Available

    13,95 €

Other books of the author

  • POESÍA GALEGA COMPLETA
    FERREIRO, CELSO EMILIO / NICOLÁS RODRÍGUEZ, RAMÓN ED. LIT.
    Poesía galega completa reúne toda a obra poética en galego de Celso Emilio Ferreiro, reproducida dun xeito fiel nesta coidadosa edición a cargo do crítico Ramón Nicolás, desde os primeiros versos de Cartafol de poesía ata o seu derradeiro e póstumo Libro dos Homenaxes, pasando por poemarios clásicos da nosa literatura que reafirman os logros estéticos de Celso Emilio: O soño su...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    25,00 €