CONSTELA, XESUS
Días despois sabe que ese ancián é o novo inquilino do baixo do seu edificio. A partir dese momento, a súa atención centrarase en coñecer as misteriosas actividades ás que o vello se dedica. Sen sabelo, está a abrir unha porta que ha cambiar a súa vida.
Ferrol, 1963. Estudou Filoloxía Inglesa na Universidade de Salamanca, onde tamén participou en revistas de creación literaria. Actualmente dedícase ao ensino da lingua inglesa no Instituto de Poio, vila onde tamén reside. É colaborador habitual do suplemento "Nordesía" do Diario de Ferrol. As humanas proporcións é o seu primeiro libro e con el gañou o Premio Torrente Ballester de 2003 da Deputación da Coruña. Unha ópera prima que é unha proposta arriscada, moderna, resolta atinadamente e con raíces na narrativa de sempre.
En 2007 publica, en Galaxia, a súa primeira novela, Libro das Alquimias e en 2008 gaña o premio García Barros con Shakespeare destilado.