GALICIA COMO TAREA. FACSÍMILE

GALICIA COMO TAREA. FACSÍMILE

PAZ ANDRADE, VALENTÍN

19,95 €
IVA incluido
Discontinued
Publishing house :
EDICIÓNS XERAIS
Year of edition:
2012
ISBN:
978-84-9914-379-8
Pages :
200
Binding :
Rústica
19,95 €
IVA incluido
Discontinued
To add favorites

Coincidindo coa celebración do Día das Letras 2012, Xerais publica a edición facsímile de Galicia como tarea, o libro alboral dos estudos socioeconómicos galegos, publicado en 1959, ao coidado de Luís Seoane, polas Ediciones Galicia do Centro Galego de Buenos Aires. Para Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, "é o grande manifesto político e económico do nacionalismo progresista". Para Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, autor do brillante estudo introdutorio da nova edición de Xerais, "é un libro singular e pioneiro, que se adianta ao seu tempo, xa que combina a análise estatística precisa cunha concepción global e mesmo cultural de Galicia, entendida como ?ser enterizo' que precisa deseñar un destino. Esta é a ?tarea'. [...] Non hai lamentación nin doadas culpabilizacións, senón unha apelación clara á responsabilidade colectiva e á capacidade das elites para deseñar ese futuro como un destino" .
A orixe do texto de Galicia como tarea estivo nas conferencias que Paz Andrade pronunciou en Buenos Aires en 1957 sobre economía e cultura galega, cando fóra convidado polo Centro Galego con motivo das Xornadas Patrióticas do 25 de xullo.
A pesar das cinco décadas transcorridas dende a súa primeira publicación, o enfoque político de Galicia como tarea mantén a súa vixencia. O chamamento de Paz Andrade a asumir a corresponsabilidade colectiva, a abandonar calquera tipo de conformismo retórico e pasar á acción, a crear unha linguaxe nova sobre problemas vivos, a traballar pola renovación constante das ideas e dos xeitos de "facer e refacer todos os días o país" son hoxe ideas imprescindibles para recuperar o pulo perdido no proceso de construción nacional de Galicia.

Valentín Paz-Andrade (Lérez, Pontevedra 1898-Vigo, 1987) foi persoa de múltiples ocupacións e difícil clasificación: xornalista, avogado, economista, investigador literario e histórico, intelectual e activo político. Entre os acontecementos que viviu, están a ditadura militar de Primo de Rivera, a República, a frustración da autonomía galega, a Guerra Civil e a ditadura militar de Francisco Franco, a restauración monárquica, a recuperación democrática e o novo Estatuto. Atopou respostas, cando mozo, nas ideas do nacionalismo galego que confluíron na fundación do Partido Galeguista, do que formou parte. Fundou e dirixiu o diario Galicia, unha experiencia referencial na historia do xornalismo galego. Foi candidato galeguista nas eleccións de 1931, 1933 e 1936 e sobreviviu á ameaza mortal do golpe militar de Franco. Participou como profesor nos cursos de pesca que organizou a FAO en diversos países latinoamericanos.





As súas ideas de vincular o futuro político de Galicia co desenvolvemento económico articúlanse en ensaios fundamentais como Galicia como tarea (1957) ou La marginación de Galicia (1970), ademais de dar soporte teórico e práctico a empresas como Pescanova. Representou a Galicia na Comisión negociadora da Transición, entre outros con Jordi Pujol, Felipe González e Santiago Carrillo. Foi senador de 1977 a 1979 e defensor da autonomía desde posicións críticas.





Como poeta, escribiu Pranto matricial, Sementeira do vento e Cen chaves de sombra; como ensaísta, A galecidade na obra de Guimarães Rosa e Galiza lavra a sua imagen, e, como biógrafo de Castelao, a súa obra monumental Castelao na luz e na sombra.



Artículos relacionados

  • EL ENSAYO-FICCIÓN
    CUTILLAS, GINÉS S.
    La combinación de la autoficción y el ensayo clásico, engarzados sobre un proceso de búsqueda, en el que se rellenan con ficción los huecos de la memoria del escritor y se intentan responder las preguntas que plantea el ensayista al principio de la obra, da nombre a una nueva forma narrativa llamada ensayo-ficción. En esta desarrollaremos al mismo tiempo la trama basada en la v...
    Available

    20,00 €

  • HABLAR Y CALLAR
    BURKE, PETER
    "Más allá de su función comunicativa, el lenguaje ha sido, a lo largo de las épocas, una marca social: un colectivo se ha distinguido del resto, entre otras cosas, por su forma de hablar. Así, la lengua ha contribuido a la diferenciación de clases, la autoafirmación de las élites y la construcción de identidades nacionales. Desde la temprana Edad Media hasta la ...
    Available

    23,90 €

  • REPRESENTAR LA EXISTENCIA
    PAVEL, THOMAS
    Un recorrido magistral y fascinante por la historia de la novela. Debemos a la novela la fundación de un espacio nuevo en la historia de la cultura; no en vano es el único género del discurso que se plantea el universo como totalidad. Desde sus orígenes griegos, la visión novelesca del mundo implica un "pensamiento", una actitud sobre las relaciones, siempre conflictivas, siemp...
    Available

    28,90 €

  • LILITH
    EETESSAM, GOLY
    En los países cristianos poca gente ha oído hablar de la primera mujer de Adán: Lilith. Se trata del mito que explica la aparición del mal en el mundo. Lilith sintetiza toda la subversión de la moral cristiana y ha sobrevivido a lo largo de los siglos en la literatura apócrifa y en las tradiciones judías antiguas como la madre de todos los demonios. Esta figura de la mitología ...
    Available

    22,95 €

  • HUMORISMO
    CHARRO AYESTARAN, PEDRO
    Pocas cosas suscitan hoy tanto interés como el humor, tal vez porque lo echamos mucho en falta en una sociedad generalmente seria y malhumorada, incapaz de elevarse sobre las cosas con la fina distancia y el placer inteligente que ofrece el humor, capaz de hacernos ver lo oculto, desnudar lo solemne y señalar lo falso. Una categoría, el humor, cuyo carácter y definición se pers...
    Available

    18,00 €

  • ÚLTIMAS MIRADAS, ÚLTIMAS LECTURAS
    VENDLER, HELEN
    Helen Vendler, una de las críticas de poesía más autorizadas, analiza cómo cinco grandes poetas modernos estadounidenses, al escribir sus últimas obras, intentan encontrar un estilo que haga justicia tanto a la vida como a la muerte. Al no disponer ya de los consuelos religiosos tradicionales, estos poetas deben inventar nuevas formas de expresar la crisis ante la muerte y l...
    Available

    22,00 €

Other books of the author

  • POESÍA COMPLETA
    PAZ ANDRADE, VALENTÍN
    Ata a aparición desta Poesía completa, Valentín Paz-Andrade (1898-1987) era o autor de tres poemarios e mais dun pequeno monllo de composicións. Daquela, a idea que prevaleceu ata hoxe é que a escrita poética era para Paz-Andrade un acto de evasión ou divertimento dunha persoa laboriosa e inqueda ocupada noutros labores ou vocacións fecundas, como a da avogacía e a dos negocios...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    28,50 €